Fecha convocatoria
04/03/2019
Grupo
A2
Plazas
4
TIPO DE PERSONAL
PLAZO INSCRIPCIÓN
MÁS INFORMACIÓN
Convocadas 4 plazas por le turno de acceso libre de Salud Laboral para la Xunta de Galicia. Las bases y el temario se han publicado íntegramente en el Diario Oficial de la Xunta de Galicia del 4 de marzo de 2019.
Disponibles test online en este enlace.
ANEXO I
Parte común:
1. Constitución española do 27 de decembro de 1978.
2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.
3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV, V.
4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: cap. I, cap. II (agás subsección 2ª da sección 3ª), cap. III, cap. IV, cap. V e cap. VI.
5. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I e II.
6. Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.
7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servicio das administracións públicas.
8. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.
9. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II. 10. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Parte troncal:
1. A prevención de riscos laborais en España: na Constitución española, no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores e no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (I): exposición de motivos e estrutura.
2. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (II): obxecto, ámbito de aplicación, definicións e obxectivos da política.
3. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (III), dereitos e obrigas I: o dereito dos traballadores á protección fronte aos riscos laborais e os principios de acción preventiva. Técnicas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo.
4. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (IV), dereitos e obrigas II: plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da acción preventiva, equipos de traballo e medidas de protección, información, consulta e participación, formación dos traballadores, medidas de emerxencia, risco grave e inminente.
5. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (V), dereitos e obrigas III: vixilancia da saúde, documentación, coordinación de actividades, protección dos traballadores especialmente sensibles a determinados riscos, protección da maternidade, protección de menores, relacións de traballo temporais, de duración determinada e de traballo temporal.
6. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (VI): obrigas dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais. A prevención dos riscos laborais e o traballo autónomo. Responsabilidades e sancións administrativas: disposicións concretas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, e no texto refundido da lei de infraccións e sancións na orde social aprobado polo Real decreto lexislativo 5/200, do 4 de agosto. Responsabilidades na orde civil e penal.
7. Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (I): creación, natureza, réxime xurídico, sede e ámbito de actuación, obxecto, finalidades, organización e estrutura administrativa. 8. Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (II): funcións, áreas técnicas e planificación de actuacións.
9. Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (III): réxime de xestión administrativa e funcional, réxime de patrimonio e contratación, recursos económicos e financeiros, persoal ao servizo do Issga, escalas de seguridade e saúde laboral.
10. Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) (IV): centros territoriais; laboratorio de referencia de hixiene analítica; a unidade de formación, divulgación e publicación; a Comisión para a Integración da Igualdade.
11. Actuación do persoal técnico habilitado das comunidades autónomas en materia de prevención de riscos laborais.
12. O Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo (INSST): creación, natureza xurídica, sede, ámbito de actuación, obxecto, finalidades, organización, estrutura e funcións.
13. A Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS): definición, estrutura territorial, dependencia orgánica e funcional en prevención de riscos laborais en Galicia, funcións e facultades en materia de seguridade e saúde no traballo.
14. Formación que habilita para o exercicio das funcións de nivel básico, intermedio e superior en prevención de riscos laborais. A formación dos traballadores sobre os riscos específicos do posto de traballo. Formación dos recursos preventivos. Novas tendencias na formación en prevención de riscos laborais. 15. Consulta e participación dos traballadores: o deber de consulta do empresario. Os dereitos de participación e representación específica dos traballadores. Os delegados de prevención e o comité de seguridade e saúde laboral: competencias e facultades.
16. O Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención: a avaliación dos riscos, o seu contido, procedemento e revisión. A planificación da actividade preventiva: necesidade e contido. Presenza dos recursos preventivos. A organización de recursos para as actividades preventivas e as súas diferentes modalidades.
17. Integración da prevención dos riscos laborais no sistema xeral de xestión da empresa: conceptos básicos; o sistema de prevención de riscos laborais: concepto e descrición, requisitos aplicables segundo a Guía técnica para a integración da prevención de riscos laborais do INSST. A auditoría do sistema de prevención: conceptos e obriga empresarial de someter o seu sistema de prevención a unha auditoría. Procedemento de exención de auditoría.
18. Accidentes de traballo: definición legal, notificación e rexistro.
19. Enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo: definición legal, notificación e rexistro.
20. Investigación de danos para a saúde dos traballadores: obxectivos da investigación dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais. Actuacións do Issga.
Parte específica:
1. A especialidade de enfermaría do traballo: definición e ámbito de actuación. Obxectivo xeral e competencias básicas e específicas da especialidade. Relación saúde e traballo e os seus factores determinantes. A formación de especialistas en enfermaría do traballo.
2. Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020: principais obxectivos e liñas estratéxicas en saúde laboral. Funcións dentro da área técnica de Medicina do Traballo do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ( Issga). Prestación de servizos sanitarios polo Issga.
3. Saúde laboral: definición de saúde e saúde ocupacional. Definicións, criterios e principios xerais da vixilancia da saúde na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.
4. Contidos básicos das principais ferramentas para a vixilancia da saúde laboral: protocolos de vixilancia sanitaria específica e guías de vixilancia da saúde laboral.
5. Cadro de enfermidades profesionais do Real decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro. Características das enfermidades profesionais.
6. O sistema de comunicación de enfermidades profesionais da Seguridade Social: utilidades e alertas. Incidencia das principais enfermidades profesionais en Galicia. Finalidades e obxectivos da investigación da enfermidade profesional.
7. Acción protectora da Seguridade Social na enfermidade profesional: o período de observación e as obrigas especiais, normas específicas e responsabilidades por falta de recoñecementos médicos. A sospeita de enfermidade profesional: concepto, obxectivos e axentes implicados na súa comunicación.
8. Principais patoloxías relacionadas co traballo: patoloxías non traumáticas causadas ou agravadas polo traballo. Incidencia das principais patoloxías derivadas do traballo en Galicia.
9. Toxicoloxía laboral básica: concepto de tóxico, definición e clasificación dos contaminantes, vías de exposición, mecanismos de toxicidade, relación dose-efecto e doseresposta a tóxicos e clasificación fisiopatolóxica dos contaminantes químicos.
10. Toma de mostras para a análise no control biolóxico da exposición a axentes químicos. Concepto de indicador biolóxico e de valor límite biolóxico (VLB).
11. Utilización de equipamentos de protección individual. Concepto, condicións que deben reunir, selección de equipamentos, utilización e mantemento, formación e información, obrigacións do empresario e do traballador.
12. Actuación da enfermaría do traballo na vixilancia da saúde dos traballadores expostos a axentes químicos, segundo o Real decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo e a súa Guía técnica de desenvolvemento.
13. Enfermidades profesionais da pel: concepto de dermatose laboral, factores de risco e efectos sobre a pel. Clasificación das enfermidades dermatolóxicas laborais. Actividades profesionais principalmente afectadas por dermatoses laborais.
14. Silicose: principais actividades de risco en Galicia. Actuación da enfermaría do traballo na vixilancia sanitaria específica dos traballadores expostos. Funcións da enfermaría do traballo nas actuacións da área técnica de Medicina do Traballo do Issga.
15. Asbestose: principais actividades con risco en Galicia. Actuación da enfermaría do traballo na vixilancia sanitaria específica dos traballadores expostos.
16. Asma laboral e alveolite alérxica extrínseca: principais actividades laborais con risco e axentes implicados. Actuación da enfermaría do traballo na vixilancia sanitaria específica dos traballadores expostos.
17. Os trastornos músculo-esqueléticos de orixe laboral: definición, principais factores e actividades laborais de risco. Principais enfermidades profesionais e relacionadas co traballo.
18. Cancro laboral: principais actividades laborais de risco e axentes implicados. Actuación da enfermaría do traballo na vixilancia da saúde dos traballadores expostos a axentes canceríxenos segundo o Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos e mutáxenos durante o traballo e a súa Guía técnica de desenvolvemento.
19. Axentes biolóxicos: características e principais efectos para a saúde. A vixilancia da saúde específica segundo o Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo e a súa Guía técnica de desenvolvemento. Actuación da enfermaría do traballo.
20. O accidente de traballo de orixe biolóxica: prevención e protección fronte á infección por virus de transmisión sanguínea. Precaucións para o control das infeccións: estándar e baseadas no mecanismo de transmisión. Recomendacións de utilización de instrumentos cortopunzantes. Protocolos de actuación.
21. Enfermidades laborais derivadas da exposición a factores de risco psicosocial: tensión laboral, síndrome de estar queimado polo traballo e tipos de violencia no traballo.
22. Vixilancia epidemiolóxica desde a enfermaría do traballo: concepto e obxectivos. Vantaxes e limitacións dos estudos epidemiolóxicos: observacionais, descritivos ou de prevalencia, de corte transversal, dos casos control e de cohorte. Medidas de frecuencia, de asociación e de impacto.
23. A vixilancia da saúde específica dos traballadores en relación coa exposición ao ruído segundo o Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído e a súa Guía técnica de desenvolvemento. Actuación da enfermería do traballo. Principais actividades laborais con risco por exposición a ruído e enfermidades profesionais.
24. A vixilancia da saúde específica dos traballadores en relación coa exposición a vibracións mecánicas segundo o Real decreto 1311/2005, do 4 de novembro, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte aos riscos derivados ou que poidan derivarse da exposición a vibracións mecánicas e a súa Guía técnica de desenvolvemento. Actuación da enfermaría do traballo. Principais actividades laborais con risco e enfermidades profesionais.
25. Técnicas e probas complementarias (I): venoclise e recollida de mostras. Datos antropométricos. Audiometría tonal liminar: obxectivo, práctica da audiometría aérea e ósea, mantemento do equipo, valoración e clasificación das audiometrías desde a enfermaría do traballo.
26. Técnicas e probas complementarias (II): obxectivo, procedemento, indicacións e contraindicacións da espirometría. Calibración, mantemento do equipo, limpeza e desinfección.
27. Técnicas e probas complementarias (III): obxectivo, práctica, material necesario e metodoloxía para a realización do electrocardiograma. Probas de control da visión: agudeza visual mono e binocular, visión estereoscópica, forias, sentido cromático e tonometría.
28. Atención de enfermaría ante situacións de urxencia e emerxencias no lugar de traballo. Soporte vital básico. Mobilización e evacuación de accidentados. Disposicións aplicables aos lugares de traballo sobre material e locais de primeiros auxilios.
29. Promoción da saúde no lugar de traballo: concepto, obxectivos, metodoloxía, estratexias e accións. Descrición de programas de promoción da saúde no traballo.
30. Protección da maternidade: aspectos recollidos na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Esquema de actuación da empresa para traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural. Actuacións do Issga en materia de protección da maternidade.
31. Normativa sobre a confidencialidade de datos médicos de saúde na vixilancia da saúde laboral, a información e o consentimento informado.
Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter a titulación de diplomado en Enfermaría ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enfermaría e especialidade de enfermaría do traballo ou diplomatura en Enfermaría de Empresa e título de técnico con formación en nivel superior, nas tres disciplinas preventivas, conforme o que establece o Regulamento dos servizos de prevención, aprobado polo Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, ou norma que o substitúa.
Exercicios.
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das cales quince (15) preguntas corresponderán á parte común do programa, corenta e cinco (45) á parte troncal e noventa (90) á parte específica. O cuestionario conterá ademais cinco (5) preguntas de reserva, das cales unha (1) corresponderá á parte común do programa, dúas (2) á parte troncal e dúas (2) á específica, e substituiranse as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha (1) delas será a correcta. O exercicio terá unha duración máxima de douscentos (200) minutos. O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas. A realización deste exercicio non terá lugar antes dos doce (12) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un ou varios supostos prácticos tipo test, cun máximo de corenta (40) preguntas, das cales quince (15) corresponden á parte troncal e vinte e cinco (25) á parte especifica, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha (1) delas será a correcta. O cuestionario conterá ademais catro (4) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte troncal e dúas (2) á parte específica, e substituiranse as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde. O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento vinte (120) minutos. Este exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá copia das súas respostas.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles e máximo de corenta (40) días hábiles desde o remate do exercicio anterior.
Terceiro exercicio: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha (1) delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega. O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos. O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical, correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar o resultado de apto. Ao remate da proba cada persoa aspirante poderá obter copia das súas respostas.

Marketplace y espacio colaborativo, la única plataforma online especializada en materias técnicas. Con un diseño sencillo e intuitivo te ofrecemos este enorme escaparate: anuncios, alertas de productos, temarios, cursos, tutorías… para cualquier especialidad, desde cualquier ubicación…
Queremos que tú también tengas la oportunidad de opositar: con un temario, un preparador, un curso o acompañado de alguien que ya haya tenido la experiencia. Comunícate con los anunciantes y sobre todo ¡avísanos si no encuentras lo que necesitas!
Correo electrónico:
hola@oposicionestecnicas.com
Desde esta cuenta se atenderán exclusivamente consultas relacionadas con el funcionamiento del portal. Para otro tipo de consultas, le agradecemos que contacte directamente con el Vendedor.