Fecha convocatoria
26/07/2018
Grupo
A1
Plazas
3 (2 int)
TIPO DE PERSONAL
PLAZO INSCRIPCIÓN
MÁS INFORMACIÓN
Convocadas 3 plazas, 1 por oposición libre y 2 por concurso-oposición promoción interna de Administración General Jurídicia para el Ayuntamiento de Vigo. Las bases y el temario se han publicado íntegramente en el BOP de Pontevedra de 26 de marzo de 2018.
El temario correspondiente a esta oposición es el que sigue:
(EXCLÚESE O COMÚN PARA PRAZAS DO SUBGRUPO A1, QUE FIGURA COMO ANEXO ÁS BASES XERAIS)
Primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral.
Tema 1. A Constitución: concepto. Caracteres da Constitución de 1978. Estrutura. A definición do Estado español como social, democrático e de dereito. Os valores superiores do ordenamento xurídico.
Tema 2. Título I da Constitución (I): Dereitos fundamentais e liberdades públicas: contido esencial e principais leis de desenvolvemento. A súa consideración na xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Sistemas de protección xurisdicional.
Tema 3. Título I da Constitución (II). Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios reitores da política social e económica.
Tema 4. A Constitución no sistema de fontes do dereito. Leis orgánicas e ordinarias. Os tratados internacionais. O principio de reserva de lei. Principios informadores das relacións entre o ordenamento estatal, autonómico e local.
Tema 5. A Coroa. As funcións constitucionais do xefe do Estado. O referendo.
Tema 6. O poder lexislativo e a súa regulación. As Cortes Xerais. Control lexislativo da acción do Goberno. O Tribunal de contas. O Defensor do Pobo.
Tema 7. O poder xudicial e a súa regulación: o Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización dos xulgados e tribunais. O Tribunal Constitucional. O recurso de amparo.
Tema 8. O poder executivo e a súa regulación. Composición e funcións do Goberno da Nación. A súa relación cos outros poderes.
Tema 9. Organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado. Organización central. Organismos públicos, organismos autónomos. Entidades públicas empresariais.
Tema 10. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas: organización e competencias. Os estatutos de autonomía.
Tema 11. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.
Tema 12. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. O Consello de Contas de Galicia.
Tema 13. A Xunta de Galicia e o seu presidente.
Tema 14. A administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A administración periférica. A administración institucional e corporativa.
Tema 15. A Unión Europea. Institucións da Unión Europea: composición, funcionamento e competencias.
Tema 16. O ordenamento xurídico comunitario: as súas fontes. Relación co dereito interno dos Estados. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capitais.
Tema 17. Sometemento da administración á lei e ao dereito. Fontes do dereito público.
Tema 18. A lei. Concepto e caracteres. As leis estatais no sistema español. Normas do Goberno con forza de lei. Os tratados internacionais como normas de dereito interno.
Tema 19. As relacións entre o ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. Definición e aplicación da lexislación de carácter básico e supletorio.
Tema 20. O regulamento: concepto e clases. Procedemento de elaboración. Límites da potestade regulamentaria. Principio de inderrogabilidade singular de regulamentos.
Tema 21. Principios da organización administrativa. Principios reitores das relacións entre as administracións. Os órganos colexiados. A abstención e recusación.
Tema 22. O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: competencia, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e silencio administrativo.
Tema 23. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio e a declaración de lesividade.
Tema 24. Os recursos administrativos. A execución dos actos administrativos: motivos da súa suspensión.
Tema 25. O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados: dereitos e obrigas.
Tema 26. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e finalización.
Tema 27. A xurisdición contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento xeral e referencia aos procedementos especiais.
Tema 28. As sentenzas e a súa execución. Recursos contra as sentenzas.
Tema 29. A contratación administrativa. Negocios e contratos excluídos da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014. Diferencias cos contratos de carácter privado.
Tema 30. Clases de contratos administrativos e o seu réxime xurídico. Contratos administrativos especiais.
Tema 31. Requisitos dos contratos. Capacidade e solvencia. Clasificación e rexistro de contratistas.
Tema 32. O expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.
Tema 33. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos administrativos.
Tema 34. As garantías no contrato administrativo. Execución do contrato. Risco e ventura. Recepción do obxecto do contrato.
Tema 35. Dereitos e deberes da administración e dos contratistas. Modificación dos contratos. Revisión de prezos. Interpretación e resolución contractual. A impugnación dos contratos públicos: xurisdición competente.
Tema 36. Aspectos xerais sobre as formas de acción administrativa.
Tema 37. O fomento e os seus medios.
Tema 38. A policía administrativa. O poder de policía e os seus límites. Os medios: licenza, autorización e sanción.
Tema 39. O servizo público. .Análise xeral dos modos de xestión dos servizos públicos.
Tema 40. A xestión directa dos servizos públicos. Modos de xestión.
Tema 41. A xestión indirecta dos servizos públicos. Modos de xestión.
Tema 42. A expropiación forzosa: a potestade expropiatoria. Suxeito, obxecto e causa. O procedemento expropiatorio. Expropiacións especiais e garantías xurisdicionais.
Tema 43. O dominio público. Concepto e natureza. Bens que o integran. O réxime xurídico do dominio público. As mutacións demaniais.
Tema 44. Uso e utilización do dominio público. Estudio especial da concesión e da reserva demanial.
Tema 45. A responsabilidade da administración pública: principios e procedemento. A responsabilidade das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas.
Segunda parte: dereito administrativo local e acción administrativa.
Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 2. Os entes locais de Galicia: natureza e características.
Tema 3. O municipio. Os réximes municipais especiais de Galicia. O territorio. A poboación. O Estatuto do veciño. O empadroamento.
Tema 4. A organización municipal. Distribución de competencias. Referencia ao réxime dos municipios de grande poboación.
Tema 5. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados das corporacións locais.
Tema 6. Competencias municipais e servizos obrigatorios nas corporacións locais.
Tema 7. Impugnación de actos e acordos das entidades locais e exercicio de accións.
Tema 8. A provincia no réxime local: especial consideración das súas competencias en relación cos pequenos municipios na Lei de administración local de Galicia.
Tema 9. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos.
Tema 10. Transferencia e delegación de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nas entidades locais. A encomenda de xestión.
Tema 11. Relacións entre as administracións públicas galegas: colaboración, cooperación e auxilio. A Comisión Galega de Cooperación Local. A coordinación.
Tema 12. O estatuto dos membros das corporacións locais. Incompatibilidades.
Tema 13. O persoal ao servizo das entidades locais. A función pública local e a súa organización. Normas sobre provisión de postos de traballo.
Tema 14. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.
Tema 15. Réxime disciplinario dos funcionarios de administración local. Incompatibilidades e responsabilidades.
Tema 16. Delitos contra a Administración pública.
Tema 17. A información e participación cidadá.
Tema 18. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización e inventario municipal de bens.
Tema 19. Réxime sancionador no ámbito local. Principios e procedemento.
Tema 20. A Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de desenvolvemento.
Tema 21. Os contratos das administracións locais: empresas municipais. Consorcios. Formas de contratación, resolución, rescisión e denuncia.
Tema 22. A lei xeral tributaria: principios e contido.
Tema 23. A lei xeral presupostaria: principios e contido.
Tema 24. As facendas locais. As ordenanzas fiscais.
Tema 25. A función recadadora nas facendas locais.
Tema 26. As contribucións especiais, as taxas e os prezos públicos. A imposición local autónoma.
Tema 27. Réxime xurídico do gasto público local.
Tema 28. Os presupostos locais. Contabilidade e contas.
Tema 29. Os dereitos e garantías dos contribuíntes fronte á facenda pública.
Tema 30. A función inspectora nas corporacións locais.
Tema 31. A lexislación de augas: obxecto e fins. Distribución de competencias.
Tema 32. A lexislación de costas: obxecto e fins. Distribución de competencias.
Tema 33. A lexislación de portos: obxecto e fins. Distribución de competencias.
Tema 34. A lexislación de montes: obxecto e fins. Distribución de competencias. Especial consideración sobre a normativa de montes en man común.
Tema 35. A lexislación de obras públicas: obxecto e fins. Distribución de competencias.
Tema 36. A lexislación de estradas: obxecto e fins. Distribución de competencias.
Tema 37. A lexislación urbanística estatal. A lexislación autonómica: especial referencia á Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Tema 38. Réxime de avaliación. Expropiación e venda forzosa. Supostos expropiatorios. Determinación do prezo xusto.
Tema 39. O planeamento urbanístico e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións. Especial referencia ao Plan xeral de ordenación municipal.
Tema 40. Execución dos plans de ordenación. Sistemas. O patrimonio municipal do solo.
Tema 41. A disciplina urbanística e a súa regulación. Intervención da edificación e uso do solo. Concorrencia de competencias con outras administracións.
Tema 42. A lexislación ambiental: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 43. A lexislación sobre patrimonio histórico: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 44. A Lei 9/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
Tema 45. A Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais. O Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro. Regulamento dos servizos de prevención.
IX.—PROGRAMA ESPECÍFICO PARA A PROMOCIÓN INTERNA
PRIMEIRA PARTE: DEREITO POLÍTICO, CONSTITUCIONAL E ADMINISTRATIVO XERAL.
Tema 1. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas: organización e competencias. Os estatutos de autonomía.
Tema 2. Principios das organización administrativa. Principios reitores das relacións entre administracións. Os órganos colexiados. A abstención e a recusación.
Tema 3. Principios xerais das relacións interadministrativas. Definición das técnicas de cooperación e colaboración.
Tema 4. A transparencia da actividade pública. Principios reitores. A publicidade activa. O dereito de acceso á información pública.
Tema 5. O bo goberno. Réxime de actividades e incompatibilidades de altos cargos. Transparencia e control das actividades e do patrimonio.
Tema 6. O regulamento: concepto e clases. Procedimiento de elaboración. Límites a la potestade regulamentaria. Principio de inderogabilidade singular de regulamentos.
Tema 7. O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: competencia, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. A notificación e a publicación. Termos e prazos. Dereitos dos cidadáns.
Tema 8. O acto administrativo electrónico. Requisitos do acto administrativo electrónico. Esixencias de motivación e forma: especial referencia á Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.
Tema 9. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio e a declaración de lesividade.
Tema 10. Os recursos administrativos. Principios xerais. Clases. A execución dos actos administrativos: motivos para a súa suspensión.
Tema 11. Iniciativa legislativa y potestad para dictar reglamentos y otras disposiciones. Principios de buena regulación. Evaluación normativa. Planificación normativa. Participación ciudadana.
Tema 12. O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados: dereitos e obrigas.
Tema 13. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización. Especialidades do procedemento administrativo común. Procedemento administrativo simplificado.
Tema 14. A xurisdicción contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento xeral e referencia aos procedementos especiais.
Tema 15. As sentenzas e a súa execución. Recursos contras as sentenzas.
Tema 16. Os principios da contratación pública no marco da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, de 26 de febrero de 2014 . A contratación pública en España. Réxime Xurídico e principios.
Tema 17. Clases de contratos administrativos e o seu réxime xurídico. Contratos administrativos especiais.
Tema 18. Requisitos e contido mínimo dos contratos. Réxime de invalidez: causas de nulidad, de anulabilidade e revisión de oficio dos contratos. Efectos da declaración de nulidade.
Tema 19. Requisitos obxectivos dos contratos: obxecto, prezo e contía dos contratos. Revisión de prezos nos contratos do sector público. Garantías esixibles na contratación pública.
Tema 20. Capacidade e solvencia do empresario. Prohibicións para contratar. Clasificación das empresas.
Tema 21. O expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.
Tema 22. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos administrativos.
Tema 23. A contratación pública electrónica. As poxas electrónicas. As centrais de compra electrónicas.
Tema 24. Efectos, cumprimento e execución dos contratos administrativos. O principio de risco e ventura. Recepción do obxecto do contrato.
Tema 25. Dereitos e deberes da administración e dos contratistas. Modificación dos contratos. Interpretación e resolución contractual. Formas de extinción dos contratos.
Tema 26. Réxime especial de revisión de decisións en materia de contratación. Recurso especial en materia de contratación. Actos recurribles. A impugnación dos contratos públicos: xurisdicción competente.
Tema 27. Os contratos das administracións locais. Normas específicas de contratación pública nas entidades locais.
Tema 28. A contratación aberta: concepto, obxectivos. A transparencia na contratación pública: a transparencia activa; a transparencia pasiva; a transparencia colaborativa. A participación na contratación pública.
Tema 29. Os convenios. Definición e tipos de convenios. Requisitos de validez e eficacia dos convenios. Extinción e efectos da resolución dos convenios.
Tema 30. Os servizos públicos. Formas de xestión dos servizos: xestión directa e xestión indirecta. A concesión.
Tema 31. A expropiación forzosa: a potestade expropiatoria. Suxeito, obxecto e causa. O procedemento expropiatorio.
Tema 32. O dominio público. Concepto e natureza. Bens que o integran. O réxime xurídico do dominio público. As mutacións demaniais.
Tema 33. Uso e utilización do dominio público: principios e procedemento. Estudio especial da concesión e da reserva demanial
Tema 34. A responsabilide patrimonial da administración pública: principios e procedemento. A responsabilidade das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas
Tema 35. A Lei 9/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
Tema 36. A Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de desenvolvemento
SEGUNDA PARTE: DEREITO ADMINISTRATIVO LOCAL E ACCIÓN ADMINISTRATIVA.
Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica. A organización municipal.
Tema 2. A organización municipal. Distribución de competencias. Especial referencia aos municipios de grande poboación.
Tema 3. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados das corporacións locais.
Tema 4. Competencias municipais e servizos obrigatorios nas corporacións locais.
Tema 5. Impugnación de actos e acordos das entidades locais e o exercicio de accións.
Tema 6. A provincia no réxime local. Competencias das deputacións provinciais. Especial consideración das súas competencias en relacións cos pequenos municipios.
Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os principios da boa regulación no ámbito local. A mellora da calidade regulatoria. Os bandos.
Tema 8. Transferencia e delegación de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nas entidades locais. A encomenda de xestión.
Tema 9. Medios de intervención das corporacións locais na actividade dos seus cidadáns.
Tema 10. Funcionamento electrónico do sector público: sede electrónica, sistemas de identificación e sinatura dos interesados no procedemento administrativo e rexistros Os interesados no procedemento administrativo e a súa capacidade de obrar. Os dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas administracións públicas.
Tema 11. O réxime sancionador no ámbito local. Principios e procedemento.
Tema 12. A Lei xeral tributaria: principios e contido.
Tema 13. A Lei xeral presupostaria: principios e contido.
Tema 14. A Lei de estabilidade presupostaria e sostibilidade financeira: principios, contido e medidas.
Tema 15. Os dereitos e garantías dos contribuíntes fronte á facenda pública.
Tema 16 As facendas locais. As ordenanzas fiscais.
Tema 17. A función inspectora nas corporacións locais.
Tema 18. A función recadadora nas facendas locais.
Tema 19. As contribucións especiais, as taxas e os prezos públicos. A imposición local autónoma.
Tema 20. Os recursos das facendas locais. Clasificación dos ingresos.
Tema 21. Os orzamentos das entidades locais. Estrutura. Principios orzamentarios. Formación e aprobación do orzamento. As bases de execución. Prórroga do orzamento.
Tema 22. O crédito orzamentario. Modificacións de creditos: clases e tramitación. Gastos plurianuais. Os remanentes de crédito.
Tema 23. Fases do procedemento do gasto no réxime local. Ordenación do pagamento. Clases de pagamentos. Anticipos de caixa fixa. Pagamentos “para xustificar”.
Tema 24. A liquidación do orzamento. Os remanentes de tesourería. A conta xeral: contido e tramitación.
Tema 25. Os contratos das administracións locais. Empresas municipais e consorcios: formas de contratación, resolución, rescisión e denuncia dos contratos.
Tema 26. O persoal ao servizo das entidades locais. A función pública local e a súa organización
Tema 27. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais
Tema 28. Réxime disciplinario dos funcionarios da administración local. Incompatibilidades e responsabilidades
Tema 29. A ordenación urbanística en Galicia.: especial referencia a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia. Situacións e clases de solos
Tema 30. Licenzas urbanísticas e comunicacións previas. Concepto, procedemento de outorgamento de licenzas e caducidade.
Tema 31. Disciplina urbanística. Protección da legalidade urbanística.
Tema 32. O patrimonio das entidades locais. Fontes normativas do patrimonio local. Clases de bens. O inventario municipal de bens.
Tema 33. A información e a participación cidadá.
Tema 34. A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tema 35. A Lei Xeral de Subvencións e o seu regulamento de desenvolvemento: ámbito de ampliación. Concepto de subvencións. Bases reguladoras das subvencións. Negocios incluídos e excluídos da Lei Xeral de Subvencións. Ámbito subxectivo das subvencións. A Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Bases reguladoras das subvencións
Tema 36. Procedemento de concesión e xestión presupostaria da subvención: o art. 22 da Lei Xeral de Subvencións: procedemento de concorrencia competitiva vs. Concesión directa. Bases reguladoras da subvencións e resolución da convocatoria. Especialidades do procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva na LGS e o seu regulamento.
Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de grao/licenciado/a ou equivalente en dereito ou de calquera das titulacións esixidas no artigo 169.2.a) do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado mediante Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
Exercicios da oposición para a quenda libre
Constará de cinco exercicios.
Primeiro exercicio.—De carácter obrigatorio e eliminatorio para todos/as os/as aspirantes.
Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de 2 horas, un tema de carácter xeral, determinado polo órgano de selección inmediatamente antes de realizarse o exercicio e relacionado co programa que se achega á convocatoria, aínda que non se ateña ao epígrafe concreto deste, tendo os/as aspirantes ampla liberdade en canto a súa forma de exposición se refire.
Neste exercicio avaliarase a formación xeral universitaria, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita, a aportación persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.
Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente, ante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, sendo necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.
Segundo exercicio.—De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de tres horas a catro temas extraidos ó chou entre os comprendidos no programa anexo á convocatoria, dous da primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral e local, e outros dous da segunda parte: dereito administrativo local e acción administrativa.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese.
Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública; este, concluída a lectura da totalidade dos temas, poderá solicitarlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.
Terceiro exercicio.—Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.
Desenvolverase por escrito, durante un período máximo de catro horas, e consistirá na redacción dun informe, con proposta de resolución, sobre dous supostos prácticos que proporá o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas administrativas propias das funcións asignadas á subescala.
Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos, non permitíndose o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Neste exercicio avaliarase fundamentalmente a capacidade de raciocinio, a sistemática na presentación e formulación de conclusións e o coñecemento e axeitada interpretación da normativa aplicable.

Cuarto exercicio.—Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.
Consistirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Quinto exercicio.—De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo, non impedirá o nomeamento.
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o Órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
O/a aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) co fin de obter a debida capacitación.
Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título CELGA 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Anexo I), aos que se lle asignarán 2 puntos.
A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos; quedará eliminado o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e quinto exercicio será de 0 a 2 puntos, de conformidade co previsto na base X das xerais.
Exercicios da oposición para a promoción interna
Constará de dous exercicios.

Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de tres horas, a catro temas extraidos ao chou entre os comprendidos no programa anexo á convocatoria, dous da primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral e outros dous da segunda parte: dereito administrativo local, dereitos reais administrativos e acción administrativa.

Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; para aprobar é necesario obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.
Segundo exercicio.—Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos, non se permitirá o manexo de textos comentados nin libros de formularios.

Marketplace y espacio colaborativo, la única plataforma online especializada en materias técnicas. Con un diseño sencillo e intuitivo te ofrecemos este enorme escaparate: anuncios, alertas de productos, temarios, cursos, tutorías… para cualquier especialidad, desde cualquier ubicación…
Queremos que tú también tengas la oportunidad de opositar: con un temario, un preparador, un curso o acompañado de alguien que ya haya tenido la experiencia. Comunícate con los anunciantes y sobre todo ¡avísanos si no encuentras lo que necesitas!
Correo electrónico:
hola@oposicionestecnicas.com
Desde esta cuenta se atenderán exclusivamente consultas relacionadas con el funcionamiento del portal. Para otro tipo de consultas, le agradecemos que contacte directamente con el Vendedor.