Fecha convocatoria
14/02/2023
Grupo
A2
Plazas
2
TIPO DE PERSONAL
PLAZO INSCRIPCIÓN
MÁS INFORMACIÓN
El BOE de 13 de febrero de 2023 publica el anuncio de la convocatoria de 2 plazas libres de Ingeniero Téc. Industrial para el Ayuntamiento de Santiago de Compostela. Las bases y el temario se pueden consultal en el BOP de A Coruña de 16 de enero de 2023 (existe una corrección de errores publlicada en el BOP A Coruña de 20 de enero de 2023).
El temario de esta oposición está compuesto por los siguientes temas:
TEMARIO GENERAL INGENIERO TÉCNICO INDUSTRIAL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
1. A Constitución española de 1978. Estrutura e xerais. Dereitos e deberes fundamentais na Constitución.
2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Título preliminar. O poder galego: o Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración de Xustiza en Galicia. As competencias de Galicia.
3. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: ámbito de aplicación e principios xerais. Os órganos administrativos: competencia. Abstención e recusación.
4. A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos dos actos: motivación e notificación. Nulidade e anulabilidade.
5. A Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O procedemento administrativo. Iniciación, Ordenación, Instrución e finalización. Execución. Revisión dos actos.
6. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica. Clases de entidades locais. O municipio: concepto e elementos. Competencias dos municipios.
7. A organización municipal: clases de órganos. O pleno da corporación. A alcaldía. As tenencias da alcaldía. A xunta de goberno local. As comisións informativas. Outros órganos complementarios.
8. O persoal ao servizo das administracións públicas. Clases de persoal. Adquisición e perda da relación de servizo. Situacións administrativas. Dereitos e deberes do persoal empregado público: código de conduta. Xornada de traballo, permisos, licenzas e vacacións. Dereitos económicos e protección social. Dereitos de exercicio colectivo.
9. A xestión económica local: o orzamento das entidades locais; concepto, estrutura, formación e aprobación do orzamento local. Principios xerais da execución do orzamento. Os créditos e as súas modificacións.
10. A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Transparencia da actividade pública.
11. A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Disposicións xerais. Principios da protección de datos. Dereitos das persoas. Responsable e encargado do tratamento de datos. Réxime sancionador.
12. Normativa galega en materia de igualdade: principais medidas incluídas no Decreto 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: Titulo preliminar e títulos I, II e IV da norma.
TEMARIO ESPECÍFICO INGENIERO TÉCNICO INDUSTRIAL AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
13. O código técnico da edificación: disposicións xerais. Contido. Condicións técnicas e administrativas. Condicións do proxecto, na execución da obra e do edificio.
14. Aforro enerxético: o documento básico de aforro de enerxía do código técnico da edificación (CTE DB-HE).
15. Eficiencia enerxética en edificios. Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios. Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.
16. Infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos. Normativa de aplicación. Obrigas das administracións públicas. Dotacións mínimas.
17. Instalacións térmicas (I). Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Ámbito de aplicación e contido. Esixencias técnicas. Condicións administrativas. Condicións para a execución das instalacións térmicas. Condicións para a posta en servizo. Condicións para o uso e mantemento.
18. Instalacións térmicas (II). Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Esixencia de benestar e hixiene.
19. Instalacións térmicas (III). Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Esixencia de eficiencia enerxética e enerxías renovables e residuais.
20. Instalacións térmicas (IV). Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Mantemento e inspeccións.
21. Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
22. Prevención de riscos laborais (II). Real decreto 486/1997, do 14 de abril, de disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.
23. Prevención de riscos laborais (III). Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Disposicións específicas de seguridade e saúde durante as fases do proxecto e execución das obras.
24. Residuos sólidos urbanos: propiedades, clasificación e composición, separación, almacenamento, transporte. Xestión integral de residuos. Sistemas de evacuación dende os inmobles. Os recipientes. Os vehículos. A organización do servizo de recollida de residuos. Transporte dos residuos. Plantas de transferencia.
25. A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
26. A Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.
27. Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos da construción e demolición.
28. A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. Clasificación e desenvolvemento dos contratos do sector público. Garantías esixibles na contratación do sector público.
29. A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Criterios de adxudicación dos contratos.
30. A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público. Contrato de obras.
31. O Documento básico de seguridade de utilización e accesibilidade do Código técnico da edificación (CTE DB-SUA). Parte I: do SUA 1 ao SUA 8.
32. O Documento básico de seguridade de utilización e accesibilidade do Código técnico da edificación (CTE DB-SUA). Parte II: o SUA 9.
33. A Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade. Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
34. Orde TMA/851/2021, de 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.
35. Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior.
36. Contaminación lumínica. Zonificación. Criterios de elección dos aparellos de iluminación. Limitación do fluxo. Características dos pavimentos. Efectos da contaminación. Recomendacións para a redución da contaminación.
37. Fontes de luz: tipos e parámetros principais. Tipos de lámpadas utilizadas na iluminación pública. Tecnoloxía LED. Equipos. Compensación do factor de potencia. Equipos de aforro de enerxía.
38. Regulamento electrotécnico de baixa tensión. Aplicación no ámbito municipal. Documentación e posta en servizo das instalacións eléctricas, verificacións e inspeccións.
39. Instalacións en vivendas e edificios. Acometidas. Instalacións de enlace. Tomas de terra. Canleados.
40. Circuítos en edificios e vivendas. Grao de electrificación. Potencia eléctrica e factor potencia. Equipos correctores. Previsión de potencias en edificacións.
41. Protección contra sobreintensidades. Proteccións contra sobretensións. Protección contra contactos directos e indirectos. Postas a terra.
42. Instalacións eléctricas en locais de pública concorrencia. Servizos de seguridade. Iluminación de emerxencia, de seguridade e reemprazamento. Prescricións xerais e complementarias da instalación eléctrica.
43. A Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído. Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
44. A contaminación acústica: o ruído. Medida do ruído. Fontes do ruído. Protección contra o ruído do tráfico. Ordenanza xeral municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibracións é condicións dos locais.
45. Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.
46. A administración pública da auga. Competencias das distintas administracións en materia de augas e obras hidráulicas. A Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.
47. A Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga.
48. Instalacións hidráulicas. Abastecemento. O Documento básico de salubridade do Código técnico da edificación, sección 4: Subministración de auga (CTE DB-HS 4).
49. Características das redes municipais de distribución de auga. Conducións principais e secundarias. Conexións e acometidas. Explotación dunha rede municipal de augas. Equipos de medida. Contadores. Rede de incendios. Outras redes.
50. Estacións de tratamento de augas potables. Procesos e elementos que as compoñen: decantación, filtración e desinfección.
51. Instalacións hidráulicas. Saneamento. O Documento básico de salubridade do Código técnico da edificación, sección 5: Evacuación de augas (CTE DB-HS 5).
52. Redes de saneamento: tipos, trazado, elementos dos que consta. Caudais de cálculo. Intensidade de choiva. Coeficiente de escorrentía. Determinación de caudais. Redes de saneamento municipais. Mantemento e explotación dunha rede de saneamento municipal. Aliviadoiros e tanques de tormenta.
53. Plantas depuradoras de augas residuais e fases do tratamento. Pretratamento. Tratamento primario. tratamento secundario. Tratamentos avanzados. Tratamentos de desinfección. Dixestión anaerobia e tratamento de lodos.
54. Regulamento do servicio municipal de abastecemento de auga potable e regulamento do servizo de saneamento do Concello de Santiago de Compostela.
55. Instalacións contra incendios (I). O Documento básico de seguridade en caso de incendio do Código técnico da edificación (CTE DB-SI).
56. Instalacións contra incendios (II). Real decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios. Disposicións xerais. Produtos de protección contra incendios. Empresas instaladoras e empresas mantedoras. Instalación, posta en servizo e mantemento da instalación de protección contra incendios. Inspeccións periódicas.
57. Redacción de proxectos. Requisitos xerais. Documentos básicos. Dirección de obra. Certificado de fin de obra. Libro de ordes e asistencias. Libro de incidencias.
58. Control de calidade. Definición no proxecto. Prego de condicións e normas técnicas. Laboratorios de control de obra.
59. Ordenanza reguladora de actividades, instalacións e ocupacións da vía pública do concello de Santiago de Compostela.
60. As actividades na Lei 9/2013 do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. O Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba ou Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos.
Posuír ou estar en condicións de obter o título universitario oficial de Enxeñería Técnica Industrial ou equivalente, ou o título que habilite para o exercicio desta profesión segundo establecen as directivas comunitarias.
Para os efectos desta convocatoria, o termo equivalente entenderase referido exclusivamente ás titulacións que, como consecuencia da implantación de novos estudos adaptados ás sucesivas reformas educativas, viñeron substituír ás titulacións extinguidas.
1. O proceso selectivo constará dunha fase de oposición.
Calquera referencia normativa do temario entenderase referida ás disposicións legais vixentes na data de celebración das probas correspondentes.
3. Primeiro exercicio (ata 30 puntos). Obrigatorio e eliminatorio
3.1. Consistirá en responder por escrito nun tempo máximo de 100 minutos un cuestionario tipo test de 86 preguntas (mais dez de reserva que se utilizarán para substituír aquelas do exame inicial que puidesen ser anuladas polo tribunal, logo dun acordo motivado ao respecto) con catro respostas alternativas das que só unha é correcta. O cuestionario será elaborado polo tribunal inmediatamente antes do comezo da proba e deberá estar relacionado coas materias do temario da convocatoria.
3.2. O cuestionario será cualificado de 0 a 30 e será preciso acadar un mínimo de 15 puntos para superalo. As persoas aspirantes que non alcancen esta puntuación serán eliminadas.
A puntuación calcularase de acordo con estes criterios:
Por cada resposta correcta outorgaranse 0,33 puntos.
Por cada resposta incorrecta restaranse 0,11 puntos.
As preguntas deixadas en branco non descontarán puntuación.
3.3. Ao finalizar o exercicio as persoas aspirantes poderán levar unha copia da súa folla de respostas.
No prazo de dous días hábiles desde a finalización da proba, o órgano de selección publicará na páxina web e no taboleiro de edictos e anuncios do Concello de Santiago de Compostela a relación de respostas correctas ás preguntas formuladas. As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas referidas ás preguntas, ao seu contido e ao cadro de respostas correctas, no prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
4. Segundo exercicio (ata 30 puntos). Obrigatorio e eliminatorio
4.1. Consistirá en desenvolver por escrito, durante un tempo máximo de 75 minutos, un tema que poderán elixir de entre os dous obtidos mediante sorteo público realizado polo tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio entre todos os relacionados na parte específica do temario anexo a esta convocatoria.
As persoas aspirantes terán ampla liberdade no referido á forma de redacción.
4.2. Posteriormente, serán convocadas oportunamente polo tribunal para realizaren a lectura pública dos temas, que fará cada aspirante e que poderá ser o mesmo día do exercicio escrito.
O tribunal poderá solicitarlles ás persoas aspirantes as aclaracións ou explicacións complementarias que considere oportunas.
4.3. Valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e a orde das ideas, a estrutura da exposición, a precisión da linguaxe utilizada, a facilidade da exposición escrita e a capacidade de síntese
A cualificación global deste exercicio será de 0 a 30 puntos e será necesario acadar unha puntuación mínima de 15 puntos para superalo. As persoas aspirantes que non obteñan o mínimo de puntuación serán eliminadas. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima de acordo cos criterios descritos.
5. Terceiro exercicio (ata 40 puntos). Obrigatorio e eliminatorio
5.1. Consistirá en resolver, nun tempo máximo de 120 minutos, un ou varios supostos prácticos relativos ás tarefas propias da subescala, de acordo coas materias comprendidas na parte específica do temario anexo, que serán determinados polo tribunal antes do comezo do exercicio.
Durante o desenvolvemento desta proba as persoas aspirantes poderán utilizar en todo momento os textos legais dos que acudan provistos. Non se permitirá manexar textos comentados nin formularios.
5.2. O criterio esencial de valoración desta proba é a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos que se presenten.
En caso de que o tribunal estableza varios supostos e que non se valoren de forma idéntica todos eles deberá dar a coñecer ás persoas aspirantes antes do inicio da proba a puntuación que corresponde a cada un. De non especificarse a puntuación de cada suposto entenderase que todos eles teñen idéntica valoración.
5.3. A cualificación final deste exercicio será de 0 a 40 puntos e será necesario acadar unha puntuación mínima de 20 puntos para superalo. As persoas aspirantes que non obteñan o mínimo de puntuación serán eliminadas. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima consonte o criterio descrito.
As persoas que non acrediten estar en posesión do titulo CELGA 4, equivalente ou superior deberán realizar unha proba eliminatoria de coñecemento de lingua galega, que se efectuará antes de iniciar a fase de oposición. Consistirá consistirá na redacción dun texto de 400 palabras seguindo as indicacións que se lles facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito, dun fragmento de audio ou dun audio-vídeo. A proba escrita corrixirase respectando o anonimato das persoas candidatas e o seu resultado será de aptitude ou non aptitude.
As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do CELGA 4, equivalente ou superior, e que non superen esta proba quedarán excluídas do proceso.

Centro líder en formación para oposiciones técnicas de ingeniería y arquitectura.
En OposicionesTécnicas.com llevamos años acompañando a miles de opositores en toda España con una metodología rigurosa, temarios actualizados y preparadores expertos en su especialidad.
Nos diferencia la atención personalizada, la precisión técnica y el compromiso con tus resultados.
Nuestro objetivo es que consigas tu plaza, con la tranquilidad de saber que estás en manos de profesionales que dominan tu campo.
Tu esfuerzo merece la mejor preparación. Tu plaza empieza aquí.