Fecha convocatoria
Sin Convocar
Grupo
A1
Plazas
4
TIPO DE PERSONAL
MÁS INFORMACIÓN
Funcionario
Ofertadas 4 plazas de Letrados para la Xunta de Galicia.
Disponibles test online para esta oposición en este enlace.
El temario de la oposición es el siguiente:
Dereito civil
Tema 1. O dereito civil. O Código civil español: estrutura e contido. Os dereitos forais. Os dereitos forais no sistema constitucional: leis de dereito civil e compilacións vixentes. A Lei do dereito civil de Galicia: estrutura e contido.
Tema 2. As fontes do dereito: enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. Especial referencia ás fontes no dereito civil de Galicia. A Constitución como fonte do dereito.
Tema 3. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estrutura e clasificación. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Aplicación das leis no tempo. Aplicación das leis no espazo. Dereito internacional privado e dereito interrexional: principais regras do Código civil.
Tema 4. A personalidade: adquisición e extinción. A capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación. Protección das persoas con discapacidade.
Tema 5. A nacionalidade. Adquisición, perda, conservación e recuperación da nacionalidade española. A dobre nacionalidade. A veciñanza e condición civil. A condición política do galego.
Tema 6. A persoa xurídica; concepto e clases. Normas do Código civil. A teoría do levantamento do veo. Asociacións e fundacións: concepto e réxime xurídico.
Tema 7. As fundacións de interese galego; disposicións xerais. Constitución. Goberno. Réxime económico. Funcionamento e actividade. Modificación dos estatutos. Fusión, escisión e extinción da fundación. O protectorado. Rexistro. O Consello Superior de Fundacións.
Tema 8. O obxecto da relación xurídica. As cousas: o seu concepto e clases. Bens mobles e inmobles. Bens de dominio público e propiedade privada.
Tema 9. O feito xurídico e o acto xurídico. O negocio xurídico. Teoría xeral dos elementos do negocio xurídico. A vontade: requisitos; o silencio como declaración de vontade. Os vicios da vontade.
Tema 10. Elementos accidentais do negocio xurídico. A condición, o termo e o modo. Concepto, requisitos e efectos. A representación nos negocios xurídicos. Teoría xeral. Representación legal e voluntaria.
Tema 11. Influencias do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Concepto, clases, fundamento e efectos. A prescrición extintiva e a caducidade.
Tema 12. Dereitos reais: concepto e diferenzas co dereito de obrigación. A tipicidade dos dereitos reais. Clasificación dos dereitos reais. Os dereitos reais na Lei de dereito civil de Galicia.
Tema 13. O dereito de propiedade. Extensión e contido: facultades integrantes do dominio pleno. As limitacións do dominio. A protección do dominio: exame especial da acción reivindicatoria.
Tema 14. Modos de adquirir o dominio: a teoría do título e o modo. Clasificacións dos modos de adquirir o dominio. A ocupación. A tradición: exame das súas clases.
Tema 15. A usucapión. Clasificación, requisitos e efectos. A renuncia á usucapión.
Tema 16. Os modos de perder o dominio: teoría xeral. O abandono. A perda do dominio en virtude das adquisicións a non domino. A comunidade de bens: regras do Código civil e especial referencia ás comunidades especiais do dereito civil de Galicia.
Tema 17. A propiedade horizontal. A propiedade a tempo compartido. A propiedade intelectual; referencia ao contrato de edición.
Tema 18. A posesión: concepto e natureza xurídica. Clases de posesión. Efectos da posesión, durante o seu exercicio e ao cesar nel. Adquisición, conservación e perda da posesión. A tutela da posesión.
Tema 19. O dereito real de servidume no Código civil. Concepto, fundamento e clases. Adquisición das servidumes. Contido: dereitos e deberes dos propietarios dos predios dominante e servente. Modos de extinción da servidume. A regulación das servidumes no dereito civil de Galicia. Referencia ás servidumes legais do Código civil.
Tema 20. O usufruto: concepto. Modos de constitución e extinción. Contido: dereitos e deberes. Referencia aos usufrutos especiais. O uso e a habitación.
Tema 21. Dereitos reais de garantía: formas de garantía real. A peza. O dereito de superficie.
Tema 22. A obrigación: o seu concepto. Clasificación; en particular, exame das obrigacións solidarias e mancomunadas; de dar, facer e non facer. Obrigacións puras, condicionais e a termo.
Tema 23. Causas de extinción das obrigacións. O pagamento. A perda da cousa debida. A condonación da débeda. A confusión de dereitos. A compensación. A novación.
Tema 24. Incumprimento das obrigacións; as súas causas: mora, dolo, culpa e caso fortuíto. Cumprimento forzoso: a indemnización de danos e perdas. Os denominados medios indirectos: as accións subrogatoria e revogatoria.
Tema 25. A concorrencia e prelación dos créditos: principios xerais e normas de aplicación.
Tema 26. O contrato: fundamento e función. Sistemas de contratación. Elementos dos contratos. Capacidade para contratar: incapacidades e prohibicións. Obxecto do contrato. A forma dos contratos.
Tema 27. A vida do contrato, preparación do contrato e a problemática da forza vinculante da oferta. A perfección e consumación do contrato. A sinatura electrónica. Revisión do contrato por alteración extraordinaria das circunstancias: cláusula rebus sic stantibus.
Tema 28. A interpretación dos contratos: regras do Código civil. Clases de contratos. Precontrato e contrato de opción. Os contratos de adhesión e as condicións xerais de contratación.
Tema 29. A ineficacia dos contratos. A nulidade: causas e efectos. A anulabilidade; a confirmación. A rescisión: causas e efectos.
Tema 30. O contrato de compravenda. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Prohibicións de contratar. A transmisión do dominio na compravenda. A venda de cousa allea.
Tema 31. Contido do contrato de compravenda. As obrigacións do vendedor; a entrega: a teoría dos riscos. O saneamento. As obrigacións do comprador: o pagamento do prezo.
Tema 32. A doazón: concepto e natureza xurídica. Clases. Elementos persoais, reais e formais. Efectos naturais e derivados de pactos especiais. Revogación e redución de doazóns.
Tema 33. O contrato de arrendamento. Clases e normas do Código civil en materia de arrendamentos de cousa. O arrendamento de obra ou empresa.
Tema 34. O réxime de arrendamentos urbanos no Código civil e na lexislación especial. Arrendamentos para uso distinto de vivenda. Duración. Contido; en particular, a renda. Extinción.
Tema 35. Os arrendamentos rústicos: referencia á normativa estatal. A súa regulación na Lei de dereito civil de Galicia. A parzaría: concepto. Réxime xurídico e clases na Lei de dereito civil de Galicia.
Tema 36. O contrato de mandato. Natureza e especies. Constitución, extinción e efectos. O contrato de préstamo: as súas especies. O comodato. O precario. O mutuo.
Tema 37. O contrato de depósito: a súa natureza e clases. O depósito común. Depósito irregular e necesario. O secuestro. A transacción.
Tema 38. O contrato de sociedade. Natureza e clases. Constitución. Contido. Extinción.
Tema 39. O contrato de fianza: a súa regulación no Código civil. Os contratos aleatorios: o contrato de alimentos; xogos e apostas; a renda vitalicia. O vitalicio: normativa autonómica.
Tema 40. Os cuasicontratos: o seu concepto e especies. Exame especial do cobramento indebido e da xestión de negocios alleos sen mandato. As obrigacións que nacen da culpa e neglixencia.
Tema 41. O matrimonio: os seus requisitos. Forma de celebración e inscrición. Efectos persoais: dereitos e deberes dos cónxuxes. Nulidade, separación, divorcio.
Tema 42. O réxime económico matrimonial: clases. Capitulacións matrimoniais. Doazóns por razón de matrimonio. Réxime de participación. Réxime de separación.
Tema 43. A sociedade de lucrativas: natureza e constitución. Bens privativos e lucrativos. Cargas e obrigacións da sociedade de lucrativas. A compañía familiar galega.
Tema 44. A filiación. Concepto e clases. Determinación e proba. Accións de filiación: normas do Código civil. A patria potestade. Deberes e facultades. Representación legal dos fillos. Administración e disposición de bens. Extinción e prórroga.
Tema 45. A tutela. Delación e constitución. Incapacidade e escusas. Remoción. Exercicio de tutela: deberes, atribucións e dereitos. Responsabilidade do titor. Extinción. A curadoría. O defensor xudicial. A garda de feito.
Tema 46. A protección de menores no dereito civil de Galicia: o desamparo e a tutela administrativa. A garda administrativa. O acollemento: clases, constitución e cesamento. Situación de risco e medidas de protección. A obrigación de alimentos entre parentes.
Tema 47. A sucesión mortis causa. Concepto da herdanza e do herdeiro. Aceptación e repudiación da herdanza. O beneficio de inventario e o dereito a deliberar. Situacións da herdanza: a herdanza xacente.
Tema 48. A sucesión por causa de morte; disposicións xerais na Lei de dereito civil de Galicia. A sucesión testada no Código civil: concepto, natureza e contido do testamento. Clases do testamento. Capacidade para testar. Formalidades xerais dos testamentos. Invalidez e ineficacia do testamento.
Tema 49. Testamento aberto: requisitos e formalidades. Testamento pechado: os seus requisitos. Testamento ológrafo. Clases de testamentos na Lei de dereito civil de Galicia.
Tema 50. O problema da liberdade de testar: principais teorías. A lexítima no dereito civil de Galicia: a lexítima dos descendentes e dos ascendentes e a lexítima do cónxuxe viúvo. A regulación da lexítima no Código civil.
Tema 51. A mellora: concepto e fundamento. Persoas que poden mellorar e ser melloradas. Clases de mellora. Efectos: o seu revogabilidade. Gravames que poden impoñerse sobre a mellora. Promesa de mellorar e non mellorar. Delegación da facultade de mellorar. A desherdación e a preterición; regulación na Lei de dereito civil de Galicia e no dereito común.
Tema 52. O legado: concepto e clases. Regras do legado segundo as súas especies. Aceptación e renuncia. Orde de preferencia para o seu pagamento. Extinción. A testamentaría: o seu réxime xurídico.
Tema 53. A sucesión intestada: normas do dereito civil de Galicia e do Código civil. O dereito de representación e de acrecer. A sucesión do Estado e da Comunidade Autónoma galega.
Tema 54. A sucesión contractual. Teoría xeral. Os pactos sucesorios no dereito civil de Galicia: os pactos de mellora, a mellora de labrar e posuír, a apartación. O usufruto do cónxuxe viúvo.
Tema 55. Partición da herdanza. Teoría xeral. Regulación do Código civil: operacións que comprende. A colación. A partición da herdanza no dereito civil de Galicia: a partición polo testador, a partición polo contador-partidor, a partición polos herdeiros.
Dereito hipotecario
Tema 1. Dereito hipotecario e dereito inmobiliario. O Rexistro da Propiedade: os seus fins. Sistemas de ordenación xurídica da propiedade inmobiliaria. O asento rexistral. O asento de presentación. Clases de libros. Demarcación dos rexistros.
Tema 2. Principios fundamentais do dereito hipotecario. Principio de rogación. Principio de legalidade. Principio de tracto sucesivo. Principio de prioridade. Principio de especialidade. Principio de lexitimación.
Tema 3. A delimitación da materia inscritible: exame do artigo 2 da Lei hipotecaria e concordantes do seu regulamento. Concepto do título formal e material. O asento de inscrición; exame do artigo 9 da Lei hipotecaria.
Tema 4. Especial referencia ao principio da fe pública rexistral. Exame do terceiro na lexislación hipotecaria. Excepcións e suspensións da fe pública rexistral.
Tema 5. Anotacións preventivas: natureza e clases. Exame do artigo 42 da Lei hipotecaria. Efectos das anotacións preventivas. Extinción. As notas marxinais: natureza, clases e efectos.
Tema 6. O dereito real de hipoteca. Responsabilidade real e persoal na hipoteca. Cousas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria.
Tema 7. Clases de hipotecas. Hipotecas voluntarias e legais; en particular, as hipotecas legais: natureza e efectos. A hipoteca legal a favor das administracións públicas.
Tema 8. Os efectos da hipoteca. A acción real e persoal na execución hipotecaria. Os procedementos para a efectividade do crédito hipotecario. A execución común. A venda extraxudicial.
Tema 9. Hipoteca mobiliaria e peza sen desprazamento da posesión. Constitución, contido e extinción. O rexistro de vendas a prazos de bens mobles.
Tema 10. Concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica. A rectificación dos erros nos asentos. O catastro inmobiliario; concepto, réxime xurídico e relacións co Rexistro da Propiedade.
Dereito mercantil
Tema 1. O contido do dereito mercantil: sistemas. Fontes do dereito mercantil; o Código de comercio. Os usos do comercio. Os actos de comercio: sistema español. Os actos mixtos e os actos de comercio por analoxía.
Tema 2. Concepto doutrinal e legal do comerciante. O comerciante individual. Condicións de capacidade; especial referencia ao réxime de responsabilidade do comerciante casado. O comerciante estranxeiro. Habitualidade e profesionalidade. O Rexistro Mercantil. Organización e principios. Contabilidade mercantil: normas.
Tema 3. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social: a súa determinación e efectos. Constitución. A sociedade irregular.
Tema 4. As sociedades de capital: natureza e réxime xurídico. Constitución: escritura pública e inscrición.
Tema 5. O capital social. Achegas. A condición de socio. Participacións sociais e accións. Representación e transmisión. Emisión de obrigacións.
Tema 6. A xunta xeral: convocatoria, competencia, asistencia, réxime de adopción de acordos. A acta. Réxime de impugnación de acordos sociais.
Tema 7. A administración da sociedade. Os administradores: requisitos, deberes e retribución. A representación da sociedade. O réxime de responsabilidade dos administradores. O consello de administración.
Tema 8. A modificación dos estatutos. Disolución e liquidación.
Tema 9. As sociedades profesionais. A sociedade laboral. A sociedade cooperativa; especial referencia á Lei de cooperativas de Galicia.
Tema 10. A propiedade industrial; patentes e marcas: concepto e réxime xeral de adquisición, transmisión e protección. O dereito da competencia: defensa da competencia e competencia desleal. Órganos competentes.
Tema 11. Teoría xeral dos títulos valores: clases. A letra de cambio: concepto, emisión, forma e transmisión. Réxime das accións cambiarias. Referencia ao cheque.
Tema 12. A obrigación e o contrato mercantil: normas xerais do Código de comercio. A compravenda mercantil.
Tema 13. A comisión mercantil. O depósito mercantil. O préstamo mercantil. O contrato de transporte terrestre.
Tema 14. O contrato de seguro. Obrigacións e deberes das partes. Seguro contra danos, seguro de persoas, seguro sobre a vida, seguro de accidentes, seguros de enfermidade e asistencia sanitaria.
Dereito procesual
Primeira parte
Tema 1. O proceso: concepto, natureza e fundamento. Os principios procesuais contidos na Constitución. O dereito á tutela xudicial efectiva.
Tema 2. A Lei orgánica do poder xudicial: normas fundamentais sobre o poder xudicial e o exercicio da potestade xurisdicional. Planta e organización dos xulgados e tribunais. Os conflitos e cuestións de competencias.
Tema 3. Abstención e recusación de xuíces e maxistrados. Requisitos xerais das actuacións xudiciais. Nulidade dos actos xudiciais. As resolucións xudiciais.
Tema 4. O proceso civil. A Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil: o seu título preliminar. A competencia dos órganos xurisdicionais civís. Competencia obxectiva. Competencia territorial; o foro territorial do Estado e da comunidade autónoma; a declinatoria. Competencia funcional. Cuestións prexudiciais
Tema 5. As partes no proceso civil; a súa posición xurídica. Capacidade para ser parte e capacidade procesual. Lexitimación procesual. Sucesión procesual. Representación e defensa técnica das partes: a defensa das administracións e dos entes públicos. O dereito á asistencia xurídica gratuíta: requisitos, extensión e procedemento.
Tema 6. Ausencia de partes: o xuízo en rebeldía. Pluralidade de partes. O litisconsorcio, as súas especies. A intervención procesual, teoría xeral da terzaría. A intervención provocada ou forzosa; principais supostos. A intervención adhesiva.
Tema 7. Teoría da acción procesual, a pretensión como obxecto do proceso. Clases de pretensións. Contido; determinación da contía. Pluralidade de pretensións. Referencia á acumulación de accións e de procesos.
Tema 8. Actos preparatorios dos xuízos, as dilixencias preliminares reguladas na Lei de axuizamento civil. As cuestións incidentais; procedemento para a súa tramitación. Actos de iniciación do proceso civil: a demanda; os seus efectos.
Tema 9. A proba; o seu obxecto e valoración. A carga da proba. Disposicións xerais en materia de proba. A proba documental. Teoría xeral. A práctica da proba documental.
Tema 10. Concepto de documento. Clases: os documentos públicos e privados. Valor probatorio. A presentación de documentos, ditames, informes e outros medios ou instrumentos.
Tema 11. O interrogatorio das partes. O interrogatorio de testemuñas. Especialidades aplicables ás administracións públicas. O ditame de peritos. O recoñecemento xudicial. Outros medios de proba; as presuncións.
Tema 12. A sentenza: requisitos. Os seus efectos xurídicos: cousa xulgada formal e material. Outras formas de terminación do proceso: renuncia, desistencia, violación, transacción, satisfacción extraprocesual e carencia sobrevinda de obxecto; especial referencia á disposición da acción procesual polo letrado da Xunta de Galicia. A suspensión do proceso; a suspensión do curso dos autos para elevar consulta. A caducidade.
Tema 13. A eliminación do proceso. O acto de conciliación. A arbitraxe. Requisitos e procedemento arbitral. Recursos contra o laudo. Os efectos económicos do proceso; as custas.
Tema 14. Tipos de procesos de coñecemento. O xuízo común. Ámbito. Alegacións iniciais: demanda, contestación e reconvención; efectos da pendencia do proceso. A audiencia previa ao xuízo. O xuízo. A sentenza.
Tema 15. O xuízo verbal. As medidas cautelares no proceso civil.
Tema 16. Os procesos especiais (I). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: disposicións xerais. Procesos sobre a capacidade das persoas. Procesos sobre filiación, paternidade e maternidade.
Tema 17. Os procesos especiais (II). Os procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores: procesos matrimoniais e de menores: especial referencia á oposición ás resolucións administrativas en materia de protección de menores e o procedemento para determinar a necesidade de asentimento na adopción. O proceso monitorio. O xuízo cambiario.
Tema 18. Referencia aos procesos especiais (III). Os xuízos sucesorios; natureza. O ab intestato: a declaración de herdeiros. A división xudicial de patrimonios: o procedemento para a división da herdanza.
Tema 19. A execución forzosa: disposicións xerais. Os títulos executivos. A eficacia en España das sentenzas ditadas polos tribunais estranxeiros. A execución en diñeiro (I): disposicións xerais.
Tema 20. A execución pecuniaria (II). Requirimento de pagamento. O embargo de bens. Terzarías de dominio e de mellor dereito.
Tema 21. O procedemento de constrinximento: disposicións xerais para a realización dos bens embargados. Valoración dos bens embargados. Particularidades da execución de bens empeñados.
Tema 22. A execución non pecuniaria. Execución de sentenzas en que se condenen administracións públicas. A execución provisional de resolucións xudiciais.
Tema 23. A impugnación do proceso. Clases de recursos. Disposicións xerais. O recurso de reposición. O recurso de apelación.
Tema 24. O recurso de casación: concepto e fin. Requisitos: resolucións contra as cales procede; motivos do recurso. Procedemento. Efectos da sentenza. O recurso de casación en materia de dereito civil de Galicia.
Tema 25. O recurso extraordinario por infracción procesual. Requisitos: resolucións contra as cales procede; motivos do recurso. Tramitación. Efectos da sentenza. A revisión das sentenzas firmes. Recursos que pode utilizar o demandado rebelde.
Tema 26. Dereito concursal: a Lei concursal. O concurso. A declaración do concurso: orzamentos e procedemento. A Administración concursal. Efectos da declaración do concurso.
Tema 27. Informe da administración concursal e a determinación das masas activa e pasiva. As fases do convenio ou liquidación.
Tema 28. Cualificación do concurso. Conclusión e reapertura. Normas procesuais xerais e o sistema de recursos. Referencia ás normas de dereito internacional.
Tema 29. Xurisdición voluntaria: concepto e natureza. Das normas comúns en materia de tramitación dos expedientes de xurisdición voluntaria. Clasificación dos actos de xurisdición voluntaria.
Segunda parte
Tema 30. O proceso penal. Normas para determinar a competencia no proceso penal. Cuestións prexudiciais. Modos de iniciación do proceso penal: denuncia, querela e iniciación de oficio.
Tema 31. As partes no proceso penal. A rebeldía. O sumario: referencia ás principais dilixencias sumariais. Recursos contra as resolucións dos xuíces de instrución e letrados da Administración de xustiza.
Tema 32. O auto de procesamento e recursos contra el. Citación, detención e prisión provisional. Dereitos e tratamento de detidos e presos; asistencia letrada ao detido. Medidas de aseguramento das responsabilidades pecuniarias.
Tema 33. Período intermedio de sobresemento ou elevación a xuízo oral. Artigos de pronunciamento previo. Cualificacións. Realización do xuízo oral.
Tema 34. O procedemento abreviado para determinados delitos. Proceso por aceptación de decreto.
Tema 35. O tribunal do xurado: composición e competencias. Procedemento das causas perante o tribunal do xurado. Recurso de apelación. Referencia aos procesos penais especiais.
Tema 36. A apelación contra sentenzas e determinados autos. A casación en materia penal; as súas formas, preparación. Queixa por denegación do testemuño. A revisión en materia penal.
Tema 37. O proceso contencioso-administrativo. Natureza, extensión e límites da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Concepto de Administración pública para os efectos do recurso. Cuestións a que se estende o coñecemento e cuestións excluídas desta orde xurisdicional.
Tema 38. Os órganos da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Regras determinantes da súa respectiva competencia.
Tema 39. As partes: capacidade, lexitimación; representación e defensa das partes. Obxecto do recurso contencioso-administrativo: actividade administrativa impugnable. Pretensións das partes. Acumulación. Contía do recurso.
Tema 40. Procedemento contencioso-administrativo. Prazos. Medidas cautelares. Procedemento en primeira ou única instancia: dilixencias preliminares; a declaración de lesividade. Interposición do recurso. Anuncio do recurso e reclamación do expediente.
Tema 41. Emprazamento e comparecencia de demandados. Demanda e contestación: requisitos, contido e efectos. Achega de documentos. Trámite para completar o expediente administrativo. Alegacións previas. Proba.
Tema 42. Vista e conclusións: a presentación de cuestións novas. A sentenza: contido. Outros modos de terminación do procedemento. Custas.
Tema 43. O procedemento abreviado. Procedemento contencioso-electoral.
Tema 44. Procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa. A cuestión de ilegalidade. Procedemento nos casos de suspensión administrativa previa de acordos.
Tema 45. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos Recurso de apelación. Resolucións contra as cales procede. Procedemento. Contido e efectos da sentenza.
Tema 46. Recurso de casación. Revisión de sentenzas.
Tema 47. Execución de sentenzas: suspensión e execución destas, extensión dos seus efectos. Incidencias e invalidez de actos procesuais.
Tema 48. A xurisdición social: extensión e límites. Órganos xurisdicionais. As partes do proceso: capacidade e lexitimación. Representación e defensa procesual. Pluralidade de partes. Caracteres xerais do proceso de traballo.
Tema 49. A evitación do proceso. O proceso ordinario. Demanda e admisión. Conciliación e xuízo. Contestación e reconvención, a proba. Conclusións. Dilixencias finais. Acta do xuízo. Sentenza.
Tema 50. Modalidades procesuais. Enumeración. Despedimentos e sancións. Extinción do contrato por causas obxectivas e outras causas.
Tema 51. Vacacións e clasificación profesional. Materia electoral. O proceso de Seguridade Social.
Tema 52. O proceso de conflitos colectivos. O procedemento de oficio. Disposicións comúns aos recursos de suplicación e de casación.
Tema 53. Medios de impugnación. Recursos contra providencias, autos, dilixencias de ordenación e decretos. Aclaración de sentenza.
Tema 54. Recurso de suplicación: decisións susceptibles de recurso, obxecto do recurso, procedemento e efectos.
Tema 55. O recurso de casación. Decisións contra as cales se pode recorrer. Motivos de casación. Procedemento. Efectos. O recurso de casación para a unificación de doutrina.
Tema 56. Execución de sentenzas. Execución definitiva. Disposicións xerais. Sentenzas firmes de despedimento. Condena de entes públicos. Execución provisional. Sentenzas condenatorias ao pagamento de cantidades. Sentenzas de despedimento. Outras sentenzas.
Dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social
Tema 1. As notas configuradoras do traballo obxecto do dereito do traballo: liberdade, remuneración, dependencia e alleidade. A aplicación das normas laborais: principios de ordenación.
Tema 2. O sistema de fontes do dereito do traballo: caracterización xeral. Tipoloxía das normas laborais. A potestade normativa das comunidades autónomas en materia laboral. O convenio colectivo: concepto, partes, elaboración, depósito, publicación, eficacia e tipoloxía. A norma internacional laboral.
Tema 3. O contrato de traballo. O traballador e o empresario: concepto xurídico e legal. Os entes públicos como empregadores. Clases de contrato de traballo atendendo á súa duración. Os contratos temporais: tipoloxía e réxime xurídico. A contratación temporal polas administracións públicas, en especial, a vulneración dos seus límites e as súas consecuencias. Os dereitos fundamentais do traballador.
Tema 4. A xornada de traballo: xornada normal e xornadas especiais. O contrato a tempo parcial e contrato de substitución. As horas extraordinarias. O horario de traballo. Os descansos semanal e festivo. As vacacións anuais.
Tema 5. O salario; a súa protección legal e garantías. O salario mínimo interprofesional. Absorción e compensación de salarios. O Fondo de Garantía Salarial.
Tema 6. Os poderes do empresario: caracterización xeral. O poder de dirección. O poder de variación. O poder disciplinario; a responsabilidade empresarial. A sucesión na titularidade da empresa.
Tema 7. As modificacións do contrato de traballo: tipoloxía. Mobilidade xeográfica. A suspensión do contrato de traballo.
Tema 8. A extinción do contrato de traballo: cadro xeral das causas extintivas. A terminación convencional. Extinción por morte e incapacidade do traballador. Morte, xubilación e incapacidade do empresario e extinción da personalidade contratante. Extinción por forza maior.
Tema 9. Extinción por causas obxectivas. O despedimento colectivo. O despedimento disciplinario.
Tema 10. O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia. O seu convenio colectivo: ámbito, contido e normas principais; especial referencia á provisión de vacantes.
Tema 11. Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.
Tema 12. A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións.
Tema 13. As prestacións non contributivas a Seguridade Social: finalidade e clases. Invalidez non contributiva: requisitos e procedemento para a súa obtención. Xubilación non contributiva.
Tema 14. A asistencia sanitaria. Persoas protexidas. Contido: asistencia médica, hospitalización, prestacións farmacéuticas, outras prestacións sanitarias, prestacións de maternidade. As institucións sanitarias da Seguridade Social: clasificación e funcións.
Tema 15. O persoal estatutario dos servizos de saúde: o seu estatuto marco. Clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Provisión de prazas, selección e promoción interna.
Tema 16. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario e incompatibilidades.
Tema 17. Réxime de retribucións do persoal estatutario da Seguridade Social. A función inspectora no ámbito sanitario. Especial referencia á ordenación de funcións da inspección dos servizos sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dereito constitucional, comunitario e autonómico
Primeira parte
Tema 1. O concepto de constitución: natureza e significado. A Constitución de 1978: proceso de elaboración. Sistemática e estrutura. Características xerais. O bloque de constitucionalidade. A reforma da Constitución.
Tema 2. Valores superiores do ordenamento constitucional. Os principios fundamentais da Constitución. A soberanía. A división de poderes. A representación política. A participación política.
Tema 3. O Estado na Constitución; o significado constitucional do concepto. Estado de dereito. Estado social. Estado democrático.
Tema 4. O Goberno do Estado e a Administración. As funcións do Goberno. A función normativa. A función política. A función administrativa.
Tema 5. A Coroa. O rei; a súa posición constitucional. Funcións do rei. O rei e o Goberno. O rei e as Cortes. O rei e a política internacional. A orde de sucesión. A rexencia e a tutela do rei. Referendo dos actos do rei; as súas formas.
Tema 6. As Cortes Xerais: composición e relacións entre as dúas cámaras. Os privilexios parlamentarios colectivos; referencia aos regulamentos parlamentarios. O goberno interior das cámaras. O funcionamento das cámaras; en especial, os grupos parlamentarios. Os privilexios parlamentarios individuais: a inviolabilidade e a inmunidade parlamentarias.
Tema 7. As funcións das Cortes Xerais. A función lexislativa; tramitación. As funcións económicas e financeiras. A función de control; en especial, a moción de censura e a cuestión de confianza. As Cortes e os tratados internacionais.
Tema 8. Eleccións e normas electorais. Administración electoral. Normas xerais do proceso electoral. Reclamacións electorais. Delitos e infraccións electorais.
Tema 9. O poder xudicial na Constitución. Os seus órganos e goberno. A independencia e a actuación xudicial. Medios de participación popular na Administración de xustiza.
Tema 10. Teoría dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas. Garantías e límites na Constitución española. A suspensión de dereitos. O principio e o dereito fundamental á igualdade.
Tema 11. Dereito á vida e á integridade física e moral. Dereito á liberdade persoal. Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe; a protección ante o uso da informática e das novas tecnoloxías. Inviolabilidade do domicilio e da correspondencia.
Tema 12. As liberdades de pensamento, expresión e información. A liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. O dereito á educación. O dereito de petición. O dereito á libre circulación.
Tema 13. Dereito de reunión. Dereito de asociación. O dereito á participación nos asuntos públicos; os partidos políticos. Dereito de sindicación. Dereito á folga.
Tema 14. Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios reitores da política económica e social.
Tema 15. A defensa xurídica da Constitución: sistemas. O Tribunal Constitucional: natureza e funcións. A súa composición. Competencias do Pleno, salas e seccións.
Tema 16. Disposicións comúns sobre procedemento. O recurso de amparo constitucional. Casos en que procede e prazos. Lexitimación. Suspensión do acto impugnado. Procedemento e sentenza.
Tema 17. Procesos de declaración de inconstitucionalidade. Disposicións xerais. Recurso de inconstitucionalidade e da cuestión de inconstitucionalidade. Efectos das sentenzas. Recurso previo de inconstitucionalidade contra proxectos de estatutos de autonomía e contra propostas de reforma de estatutos de autonomía.
Tema 18. Conflitos constitucionais. Conflitos positivos e negativos das comunidades autónomas co Estado. Conflitos entre órganos constitucionais do Estado. Conflitos en defensa da autonomía local. Impugnacións de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.
Tema 19. A organización territorial do Estado na Constitución española. O Estado autonómico; o artigo 2 da Constitución: a autonomía das nacionalidades e rexións. A autonomía local na Constitución; a súa garantía institucional.
Tema 20. O proceso de integración europea: das Comunidades Europeas á Unión Europea. Os tratados constitutivos e as súas modificacións. A cidadanía da UE. A dimensión rexional de Europa; comunidades autónomas e institucións europeas.
Tema 21. Estrutura orgánica das institucións comunitarias. O Consello Europeo. O Parlamento; especial referencia aos procedementos de elaboración de normas. O Consello. A Comisión. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social.
Tema 22. Concepto e caracteres do dereito comunitario. As súas fontes: dereito orixinario e dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes.
Tema 23. Aplicación e eficacia do dereito comunitario nos países membros. O xuíz nacional na aplicación do dereito comunitario. O dereito comunitario e a Constitución española. As comunidades autónomas e o dereito comunitario. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.
Tema 24. As liberdades básicas do sistema comunitario. O mercado interior. Libre circulación de mercadorías, de persoas, servizos e capitais.
Tema 25. Normas sobre competencia. Disposicións aplicables a empresas. Axudas outorgadas polos estados.
Tema 26. As políticas comunitarias e os fondos estruturais. A política agraria común. A política común pesqueira. A política económica e social. A unión económica e monetaria. Outras políticas.
Tema 27. Ou sistema xurisdicional da UE. O Tribunal de Xustiza. O tribunal de primeira instancia; composición, competencias, procedemento e regras de funcionamento.
Tema 28. O recurso por incumprimento: estudo previo da actividade da Comisión; o ditame motivado. O recurso de anulación. O recurso de inactividade. A cuestión prexudicial. A acción de responsabilidade extracontractual.
Segunda parte
Tema 29. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. A súa reforma: a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.
Tema 30. A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o estatuto no sistema constitucional; o estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o estatuto como norma subordinada á Constitución, posición do estatuto respecto ás demais normas do Estado e da comunidade autónoma.
Tema 31. As bases fundamentais da autonomía galega. O territorio; eficacia territorial das disposicións e actos da comunidade autónoma. Os símbolos de Galicia. O recoñecemento da galeguidade.
Tema 32. Especial referencia á lingua galega; normativa internacional e comunitaria sobre protección dos dereitos lingüísticos. A Carta europea de linguas minoritarias. Dereitos lingüísticos nas relacións entre a Administración e os cidadáns. A Lei 3/1983, de normalización lingüística e normativa de desenvolvemento.
Tema 33. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. O Parlamento de Galicia: o seu carácter e funcións. Composición e funcionamento do Parlamento. O Pleno e as comisións: as súas clases. A Deputación Permanente; as súas funcións. Réxime de sesións. Adopción de acordos.
Tema 34. Eleccións ao Parlamento de Galicia; competencias da Xunta de Galicia para a súa regulación. A Lei electoral de Galicia: a súa estrutura e contido. A circunscrición electoral. A convocatoria electoral. Electores e elixibles.
Tema 35. Os deputados do Parlamento de Galicia. Duración do mandato. Incompatibilidades. Os privilexios parlamentarios colectivos. O Regulamento do Parlamento de Galicia. O goberno interior da cámara. Os privilexios parlamentarios individuais.
Tema 36. A elaboración das leis da comunidade autónoma. A iniciativa lexislativa. A tramitación. Promulgación e publicación das leis. Leis de Galicia: o seu rango e posición constitucional; o principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico. Decretos lexislativos. Regulamentos autonómicos.
Tema 37. A Xunta de Galicia: natureza, composición e funcións. A presidencia da Xunta de Galicia: as súas funcións e representación. Elección da presidencia.
Tema 38. Relacións da Xunta de Galicia co Parlamento. Información ao Parlamento; presenza dos membros do Goberno perante o Parlamento; interpelacións e preguntas. Cuestión de confianza e moción de censura; os seus efectos. Disolución do Parlamento.
Tema 39. A Administración pública galega no Estatuto de autonomía. Competencias para o establecemento do seu réxime xurídico. A Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia; competencias da comunidade autónoma en relación cos rexistros e o notariado. O Valedor do Pobo.
Tema 40. As competencias das comunidades autónomas: natureza; clases: exclusivas, compartidas, concorrentes. A reserva de competencias ao Estado do artigo 149: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3º. O control da actividade das comunidades autónomas: o control ordinario e extraordinario.
Tema 41. As competencias da Xunta de Galicia no Estatuto de autonomía. As transferencias de competencias, funcións e servizos do Estado ás comunidades autónomas: as comisións mixtas e os reais decretos de traspasos. A valoración dos servizos transferidos.
Dereito administrativo
Tema 1. A Administración pública. Actividade administrativa e actividade política. O dereito administrativo. O réxime administrativo: sistemas; trazos fundamentais do español. A consideración non xurídica da Administración: a ciencia da Administración. Transparencia e boas prácticas na actuación da Administración.
Tema 2. Fontes do dereito administrativo. A lei: as súas clases; leis orgánicas e ordinarias. Disposicións do Goberno con valor de lei: decretos lei; decretos lexislativos. Outras fontes do dereito administrativo.
Tema 3. O regulamento: concepto e natureza. Clasificación dos regulamentos: os actos administrativos xerais e as instrucións e ordes de servizo. Procedemento de elaboración e impugnación dos regulamentos.
Tema 4. Os principios de reserva de lei, de xerarquía normativa e de competencia. Nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas por infracción daqueles principios. A eficacia normativa do regulamento: a súa inderrogabilidade singular.
Tema 5. As potestades administrativas, o principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade: estudo especial da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados.
Tema 6. A organización administrativa. O órgano administrativo: concepto e natureza. Clases de órganos; en especial os órganos colexiados. A competencia: natureza, clases e criterios de delimitación. As relacións interorgánicas: coordinación e xerarquía. Desconcentración. Delegación e avocación. Encomenda de xestión. Os convenios de colaboración.
Tema 7. O acto administrativo: concepto e elementos. Actos xurisdicionais, de trámite, provisionais e que poñen fin á vía administrativa. Produción e contido. Motivación. Forma. Eficacia dos actos. A notificación e publicación. A obrigación de resolver. O silencio administrativo nos procedementos por solicitude do interesado e nos procedementos de oficio
Tema 8. A invalidez dos actos administrativos: nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Os actos administrativos irregulares. A validación, conservación e conversión dos actos administrativos. Os erros materiais ou de feito: concepto e tratamento xurisprudencial.
Tema 9. A anulación dos actos administrativos pola propia Administración mediante a revisión de oficio: casos en que é procedente; tramitación. A revisión dos actos na vía xurisdicional por instancia da Administración: declaración de lesividade; requisitos e procedemento. Concepto da revogación; o seu tratamento no dereito vixente.
Tema 10. Os actos administrativos en particular. Estudo da licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. O servizo público. As diferentes formas de xestión dos servizos públicos.
Tema 11. O procedemento administrativo común: a súa natureza e fins. Regulación legal: a cuestión da repartición competencial; ámbito de aplicación da Lei do procedemento administrativo común. Os principios xerais e as garantías do procedemento administrativo. Abstención e recusación.
Tema 12. Os interesados no procedemento administrativo. Concepto, capacidade e representación. Identificación e sinatura dos interesados no procedemento administrativo. Dereitos dos interesados no seo do procedemento administrativo. Termos e prazos.
Tema 13. Iniciación do procedemento. Disposicións xerais. Iniciación de oficio pola Administración. Iniciación por solicitude do interesado. Ordenación do procedemento. Instrución do procedemento. Tramitación simplificada.
Tema 14. Finalización do procedemento. Disposicións xerais. Resolución. Desistencia e renuncia. A caducidade. A execución forzosa pola Administración dos actos administrativos: os seus medios no dereito vixente. A teoría da «vía de feito». Estudo das súas manifestacións segundo a xurisprudencia.
Tema 15. Os recursos administrativos: concepto, clases e principios xerais da súa regulación. A reformatio in peius: ámbito da súa admisión no noso dereito. Recurso de alzada. Recurso potestativo de reposición. Recurso extraordinario de revisión.
Tema 16. A responsabilidade patrimonial da Administración. Principais teorías. Lexislación española; antecedentes e regulación actual. Procedemento. A responsabilidade das autoridades e persoal. Responsabilidade da Administración por actos dos seus concesionarios e contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.
Tema 17. A potestade sancionadora: principios da potestade sancionadora. Especialidades no inicio dos procedementos de natureza sancionadora. Iniciación por denuncia. Acordo de iniciación. Proposta de resolución nos procedementos de carácter sancionador. Terminación. Especialidades da resolución nos procedementos sancionadores.
Tema 18. A actividade administrativa de Fomento: normativa de aplicación. A Lei de subvencións de Galicia: concepto, ámbito de aplicación, exclusións. Disposicións comúns ás subvencións públicas: requisitos para o outorgamento das subvencións, órganos competentes, beneficiarios, bases reguladoras da concesión de subvencións, publicidade das subvencións.
Tema 19. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Procedemento de concesión en réxime de concorrencia competitiva. Procedemento de concesión directa. Procedemento de xestión e xustificación de subvencións.
Tema 20. Reintegro das subvencións. Infraccións e sancións en materia de subvencións. O Instituto Galego de Promoción Económica.
Tema 21. Os contratos do sector público: normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Enumeración dos negocios e contratos excluídos. Delimitación dos tipos contractuais. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Contratos administrativos e contratos privados.
Tema 22. Réxime de invalidez. Do recurso especial en materia de contratación. O Tribunal de Recursos Contractuais de Galicia.
Tema 23. Órgano de contratación. Aptitude para contratar co sector público: normas xerais e normas especiais sobre capacidade. Prohibicións para contratar. Solvencia do empresario. Clasificación das empresas.
Tema 24. Medios para acreditar a solvencia económica e financeira. Medios de acreditar a solvencia técnica nos contratos de obras, subministracións e servizos. Obxecto do contrato. Orzamento e valor estimado. Prezo do contrato. Garantías exixibles nos contratos celebrados coas administracións públicas
Tema 25. Preparación dos contratos das administracións públicas: expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Información sobre as condicións de subrogación nos contratos de traballo.
Tema 26. Procedemento aberto. Procedemento aberto simplificado. Procedemento aberto simplificado abreviado. Procedemento restrinxido. Procedementos con negociación. Referencia ao procedemento de diálogo competitivo e de asociación para a innovación.
Tema 27. Normas xerais da adxudicación dos contratos das administracións públicas: procedemento de adxudicación, anuncio de licitación, proposicións dos interesados e presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos
Información de la última convocatoria, pendiente de la publicación de la actual.
Estar en posesión ou en condición de obter, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), o título universitario oficial de licenciado ou grao en dereito.

O proceso selectivo será o de oposición.
Primeiro exercicio: consistirá en expoñer oralmente dous temas de dereito civil; un de dereito hipotecario; un de dereito mercantil; dous de dereito procesual, un da primeira parte (temas 1 ao 29) e outro da segunda parte (temas 30 ao 56); e, por último, un de dereito laboral, sanitario e da Seguridade Social.
Os temas serán designados ao chou e expoñeranse na orde indicada. O tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco (5) minutos.
Para preparar a exposición oral dos temas concederáselles ás persoas aspirantes un tempo de dez (10) minutos.
Unha vez comezada a exposición, o tempo máximo de duración será de setenta (70) minutos.
Cada un dos temas cualificarase de 0 a 5 puntos e para superar o exercicio será necesario obter en cada un dos temas unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. A persoa aspirante que non alcance unha cualificación superior á metade da puntuación máxima total, nos termos previstos na base II.3.7, quedará eliminada do proceso selectivo.
Se en calquera momento da exposición dos temas o tribunal, consultado para tal efecto pola súa presidencia e por decisión unánime dos seus membros, aprecia unha manifesta deficiencia de contido, invitará a persoa aspirante a retirarse, indicándolle o motivo, e dará por concluído o exercicio, deixando constancia na acta da sesión correspondente.
Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril), poderán optar por conservar a puntuación obtida nel e acceder directamente ao segundo exercicio. Se optan por presentarse ao exercicio de que se trate, quedará sen efecto o resultado obtido na convocatoria anterior.
Segundo exercicio: proba voluntaria de lingua estranxeira.
O segundo exercicio consistirá na realización dunha proba de idioma, de carácter voluntario e non eliminatorio.
Esta proba será no idioma comunitario elixido pola persoa aspirante. Consistirá nunha lectura ante o tribunal dun texto orixinal, así como na tradución deste. Para tal efecto, o tribunal designará o texto sobre o cal se practicará a proba.
Para a verificación deste exercicio o tribunal poderá ser asistido polas persoas asesoras especialistas que designe.
O tempo máximo de duración será de trinta (30) minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 6 puntos. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.3.7.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa cualificación que ao seu parecer merece.

Cuarto exercicio: consistirá en expoñer oralmente dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico, un do 1 ao 28 e outro do 29 ao 41; dous temas de dereito administrativo (temas 1 ao 62); dous de facenda pública, un da primeira parte (temas 1 ao 17) e outro da segunda parte (temas 18 ao 29); e un de dereito penal.
Os temas serán designados ao chou e exporanse pola orde indicada. O tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco (5) minutos.
Para preparar a exposición oral dos temas concederáselle á persoa aspirante un tempo de dez (10) minutos.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde a finalización do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
Quinto exercicio, de carácter práctico e escrito: consistirá en realizar algunha actuación escrita sobre un asunto xudicial en que sexa parte a Administración autonómica. Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais.
O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.
Unha vez realizado, será corrixido mediante a súa lectura en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando os coñecementos, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición. No desenvolvemento da lectura o tribunal poderá realizar preguntas á persoa aspirante en relación co seu exercicio.
Cada membro do tribunal disporá de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.
Este exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos e para superalo será necesario obter unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible. Esta cualificación realizarase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, coa puntuación que ao seu parecer merece, nos termos previstos na base II.3.7.

Sexto exercicio, de carácter práctico e escrito, consistirá en informar por escrito sobre algún asunto xurídico en que estea interesada a Administración autonómica. Para o seu desenvolvemento, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais.

Marketplace y espacio colaborativo, la única plataforma online especializada en materias técnicas. Con un diseño sencillo e intuitivo te ofrecemos este enorme escaparate: anuncios, alertas de productos, temarios, cursos, tutorías… para cualquier especialidad, desde cualquier ubicación…
Queremos que tú también tengas la oportunidad de opositar: con un temario, un preparador, un curso o acompañado de alguien que ya haya tenido la experiencia. Comunícate con los anunciantes y sobre todo ¡avísanos si no encuentras lo que necesitas!
Correo electrónico:
hola@oposicionestecnicas.com
Desde esta cuenta se atenderán exclusivamente consultas relacionadas con el funcionamiento del portal. Para otro tipo de consultas, le agradecemos que contacte directamente con el Vendedor.