Fecha convocatoria
04/03/2019
Grupo
A2
Plazas
19
TIPO DE PERSONAL
PLAZO INSCRIPCIÓN
MÁS INFORMACIÓN
Convocadas 19 plazas por le turno de acceso libre de Seguridad y Salud en el Trabajo y de Higiene Industrial para la Xunta de Galicia. Las bases y el temario se han publicado íntegramente en el Diario Oficial de la Xunta de Galicia del 4 de marzo de 2019.
Disponibles test online en este enlace.
ANEXO II
Parte común:
1. Constitución española do 27 de decembro de 1978.
2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.
3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV, V. 4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: cap. I, cap. II (agás subsección 2ª da sección 3ª), cap. III, cap. IV, cap. V e cap. VI. 5. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I e II.
6. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
8. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Títulos II e IV.
9. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V sección 1ª e capítulo VIII do título I e título II.
10. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Parte troncal:
1. A prevención de riscos laborais en España: na Constitución española, no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (I): exposición de motivos e estrutura.
2. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (II): obxecto, ámbito de aplicación, definicións e obxectivos da política.
3. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (III), dereitos e obrigas I: o dereito dos traballadores á protección fronte aos riscos laborais e os principios de acción preventiva. Técnicas preventivas: seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada e medicina do traballo.
4. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (IV), dereitos e obrigas II: plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da acción preventiva, equipos de traballo e medidas de protección, información, consulta e participación, formación dos traballadores, medidas de emerxencia, risco grave e inminente.
5. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (V), dereitos e obrigas III: vixilancia da saúde, documentación, coordinación de actividades, protección dos traballadores especialmente sensibles a determinados riscos, protección da maternidade, protección de menores, relacións de traballo temporais, de duración determinada e de traballo temporal.
6. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (VI): obrigas dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais. A prevención dos riscos laborais e o traballo autónomo. Responsabilidades e sancións administrativas: disposicións concretas na Lei 31/1995, do 8 de novembro, e no texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Responsabilidades na orde civil e penal.
7. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) (I): creación, natureza, réxime xurídico, sede e ámbito de actuación, obxecto, finalidades, organización e estrutura administrativa.
8. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) (II): funcións, áreas técnicas e planificación de actuacións.
9. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) (III): réxime de xestión administrativa e funcional, réxime de patrimonio e contratación, recursos económicos e financeiros, persoal ao servizo do ISSGA, escalas de seguridade e saúde laboral.
10. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) (IV): centros territoriais; laboratorio de referencia de hixiene analítica; a unidade de formación, divulgación e publicación; a Comisión para a Integración da Igualdade.
11. Actuación do persoal técnico habilitado das comunidades autónomas en materia de prevención de riscos laborais
12. O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST): creación, natureza xurídica, sede, ámbito de actuación, obxecto, finalidades, organización, estrutura e funcións.
13. A Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS): definición, estrutura territorial, dependencia orgánica e funcional en prevención de riscos laborais en Galicia, funcións e facultades en materia de seguridade e saúde no traballo.
14. Formación que habilita para o exercicio das funcións de nivel básico, intermedio e superior en prevención de riscos laborais. A formación dos traballadores sobre os riscos específicos do posto de traballo. Formación dos recursos preventivos. Novas tendencias na formación en prevención de riscos laborais.
15. Consulta e participación dos traballadores: o deber de consulta do empresario. Os dereitos de participación e representación específica dos traballadores. Os delegados de prevención e o comité de seguridade e saúde laboral: competencias e facultades.
16. O Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención: a avaliación dos riscos, o seu contido, procedemento e revisión. A planificación da actividade preventiva: necesidade e contido. Presenza dos recursos preventivos. A organización de recursos para as actividades preventivas e as súas diferentes modalidades.
17. Integración da prevención dos riscos laborais no sistema xeral de xestión da empresa: conceptos básicos; o sistema de prevención de riscos laborais: concepto e descrición, requisitos aplicables segundo a Guía técnica para a integración da prevención de riscos laborais do INSST. A auditoría do sistema de prevención: conceptos e obriga empresarial de someter o seu sistema de prevención a unha auditoría. Procedemento de exención de auditoría.
18. Accidentes de traballo: definición legal, notificación e rexistro.
19. Enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo: definición legal, notificación e rexistro.
20. Investigación de danos para a saúde dos traballadores: obxectivos da investigación dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais. Actuacións do ISSGA.
Parte específica: Especialidade de seguridade no traballo.
1. A disciplina de Seguridade no Traballo: aspectos característicos. Conceptos básicos en materia de seguridade no traballo: danos derivados do traballo e saúde laboral, concepto de risco laboral, protección e prevención, condicións de traballo en relación coa saúde e factores de risco. Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020: principais obxectivos e liñas estratéxicas en seguridade no traballo. Funcións da área técnica de Seguridade no Traballo no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).
2. Obriga de notificación dos accidentes de traballo: modelos de notificación de accidentes, cobertura e tramitación electrónica. Funcións e actuacións do ISSGA na tramitación.
3. Estatísticas de sinistralidade laboral: elaboración, tratamento e análise. Principais índices para o control estatístico. Evolución da sinistralidade laboral en Galicia por gravidade e sectores 2004-2013.
4. Investigación de accidentes de traballo: concepto, obxectivos. Metodoloxía: a árbore de causas. Funcións e actuacións do ISSGA.
5. Coordinación de actividades empresariais: artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei 31/1995 en materia de coordinación de actividades empresariais.
6. O Real decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre sinalización de seguridade e saúde no traballo: criterios para o emprego da sinalización, cores de seguridade e tipos de sinalización.
7. O Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo: condicións xerais de seguridade nos lugares de traballo; orde, limpeza e mantemento; iluminación dos locais; material e locais de primeiros auxilios.
8. Sistemas de protección colectiva: varandas, redes de seguridade, abeiros.
9. O Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual (EPI): definición de equipo de protección individual, obrigacións xerais do empresario, criterios para o emprego, condicións que deben reunir os equipos, elección dos equipos de protección individual, utilización e mantemento dos EPI, obrigas en materia de formación e información, obrigas dos traballadores.
10. Risco eléctrico: efectos nocivos da electricidade e lesións producidas pola electricidade. Factores que inflúen no efecto eléctrico: tensión, intensidade, frecuencia, impedancia do corpo humano, percorrido da corrente, capacidade de reacción. Actuación inmediata en caso de accidente eléctrico.
11. O Real decreto 614/2001, do 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade da traballadores fronte ao risco eléctrico: obxecto, ámbito de aplicación e definicións, instalacións eléctricas, técnicas e procedementos de traballo, traballos sen tensión, traballos en tensión, traballos en proximidade, traballos en localizacións con risco de incendio ou explosión. Electricidade estática.
12. Disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo nas obras de construción: designación dos coordinadores en materia de seguridade e saúde, o estudo e o plan de seguridade e saúde, obrigacións do coordinador en materia de seguridade e de saúde durante a execución da obra, obrigas dos contratistas, subcontratistas e traballadores autónomos, o libro de incidencias, a paralización dos traballos, presenza de recursos preventivos en obras de construción.
13. VI Convenio xeral do sector da construción: disposicións mínimas de seguridade aplicables nas obras de construción.
14. A Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción: ámbito de aplicación, requisitos exixibles aos contratistas e subcontratistas, réxime da subcontratación, deber de vixilancia, libro de subcontratación.
15. O Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización dos equipos de traballo: obrigas xerais do empresario, comprobación dos equipos de traballo, formación e información, consulta e participación dos traballadores, disposicións mínimas aplicables aos equipos de traballo, disposicións mínimas relativas á utilización dos equipos de traballo.
16. O Real decreto 1013/2009, do 19 de xuño, sobre caracterización e rexistro de maquinaria agrícola: caracterización da maquinaria, rexistros oficiais da maquinaria agrícola. Prevención de riscos laborais na utilización de maquinaria agrícola: requisitos básicos mínimos en materia preventiva, seguridade viaria na condución de vehículos agrícolas. O tractor: riscos e medidas preventivas no manexo do tractor.
17. Seguridade nas tarefas agrícolas: enganche dos apeiros ao tractor, envorcadura e esmagamento entre partes do tractor e o chan, atrapamentos. Prevención fronte aos riscos no sector agroforestal: riscos e medidas preventivas do traballo coa motoserra, riscos e medidas preventivas do traballo coa rozadoira. Riscos e medidas preventivas na muxidura, manexo e administración de produtos veterinarios e na manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios.
18. Seguridade e saúde nos traballos a bordo dos buques de pesca: riscos nos distintos departamentos, principais riscos en cubertas e espazos de traballo segundo a arte de pesca. Accesos aos buques de pesca, tipos e riscos.
19. O Real decreto 1216/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo a bordo dos buques de pesca: equipos e mantemento, obrigas en materia de formación especializada das persoas que poidan mandar un buque, disposicións mínimas de seguridade e de saúde nos buques de pesca, tanto novos como existentes, disposicións mínimas de seguridade e de saúde aos medios de salvamento e supervivencia e aos equipos de protección individual.
20. O Real decreto 2177/2004, do 12 de novembro, polo que se modifica o Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo, en materia de traballos temporais en altura: escaleiras manuais, estadas e acceso e posicionamento mediante cordas.
21. Máquinas: definición de máquina e de zona perigosa. Medidas de seguridade en máquinas: análise de seguridade, estudo do perigo, selección das medidas de seguridade. Prevención intrínseca. Aplicación e deseño das medidas de protección.
22. O Real decreto 1644/2008, do 10 de outubro, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas: obxecto e ámbito de aplicación, comercialización e posta en servizo, avaliación da conformidade e marcación CE.
23. Riscos e medidas preventivas en equipos para elevar cargas: montacargas de obra, plataformas elevadoras, carretillas elevadoras automotoras, aparellos e cabrias. Riscos e medidas nos elementos auxiliares: cables e estrobos.
24. O risco de incendio (I): tetraedro do lume, cadea do incendio, medidas de prevención de incendios, métodos de extinción, clasificación dos lumes en función da natureza do combustible, sistemas automáticos de detección.
25. O risco de incendio (II): medios de protección contra os incendios: utilización de extintores portátiles e bocas de incendio equipadas; iluminación de emerxencia. O Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios: obrigas das empresas instaladoras, obrigas das empresas mantedoras, instalación, posta en servizo e mantemento das instalacións de protección, programas de mantemento dos sistemas de protección activa, e persoal encargado das diferentes operacións que se van realizar.
26. Explosións: conceptos de atmosfera explosiva e potencialmente explosiva. Clasificación e características das áreas en que se poden formar atmosferas explosivas. Medidas para evitar, limitar ou controlar a atmosfera explosiva. Aparellos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas: definicións, clasificación dos aparellos en grupos e categorías, criterios para a elección dos aparellos e sistemas de protección, marcación dos aparellos.
27. Espazos confinados: concepto, tipos e motivos de acceso. Riscos en espazos confinados e medidas de prevención da exposición a atmosferas perigosas. Técnicas de control: avaliación da atmosfera, ventilación, illamento do espazo, control de entradas. 28. Protección da maternidade: aspectos recollidos na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Esquema de actuación na empresa para traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural. Actuacións do ISSGA en materia de protección da maternidade.
29. Riscos laborais e medidas preventivas en invernadoiros. Riscos laborais e medidas preventivas na viña, na vendima e nas adegas.
30. Marco conceptual dos riscos laborais viarios.
31. Riscos laborais e medidas de prevención e protección nas operacións de mantemento de aeroxeradores.
Parte específica: Especialidade de hixiene industrial.
1. A disciplina de Hixiene Industrial: concepto de hixiene industrial, funcións e actuacións nesta disciplina. Funcións da área técnica de Hixiene Industrial no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA). Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020: principais obxectivos e liñas estratéxicas en hixiene industrial.
2. Toxicoloxía laboral básica: concepto de tóxico, definición e clasificación dos contaminantes, vías de exposición, mecanismos de toxicidade, relación dose-efecto e doseresposta e clasificación fisiopatolóxica dos contaminantes químicos.
3. Regulamento (UE) 2016/425 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de marzo de 2016, relativo aos equipos de protección individual (EPI) e polo que se derroga a Directiva 89/686/CEE do Consello: obxecto e ámbito de aplicación, definicións, presunción e declaración UE de conformidade, regras e condicións de colocación da marcación CE, categorías de riscos e documentación técnica dos EPI. Utilización dos EPI en hixiene industrial: definición de EPI, obrigas do empresario e dos traballadores.
4. Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006 - REACH-: obxectivo e ámbito de aplicación, aspectos básicos, usuarios intermedios e as súas obrigas e a ficha de datos de seguridade.
5. Regulamento (CE) nº 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008 - CLP- (I): obxectivo e ámbito de aplicación, perigos físicos, para a saúde e para o ambiente, criterios xerais de clasificación de mesturas.
6. Regulamento (CE) nº 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008 - CLP- (II): catálogo de clasificación e etiquetaxe, concepto de clasificación e etiquetaxe harmonizadas e substancias candidatas a harmonización, información que debe reflectir a etiqueta. Réxime sancionador: Lei 8/2010, do 31 de marzo, pola que se establece o réxime sancionador previsto nos regulamentos (CE) relativos ao rexistro, á avaliación, á autorización e á restrición das substancias e mesturas químicas (REACH) e sobre a clasificación, a etiquetaxe e o envasado de substancias e mesturas (CLP), que o modifica: competencias administrativas, intercambio de información coas comunidades autónomas.
7. Límites de exposición profesional para axentes químicos en España: conceptos e definicións, tipos de valores límites ambientais (VLA), límites de desviación, efectos combinados de axentes químicos, valoración da exposición e valoración do risco.
8. Control biolóxico da exposición: concepto de indicador biolóxico e de valor límite biolóxico (VLB), tipo de mostras, bases para o establecemento dos VLB, interpretación dos resultados, vantaxes, limitacións e aplicacións.
9. Medición dos contaminantes químicos: puntuais e de media, persoais e ambientais. Clasificación dos equipos de medida: instrumentos de lectura directa e sistemas activos e pasivos. 10. Métodos de medición para axentes químicos: métodos de toma de mostra e análise, transporte e conservación das mostras, clasificación dos procedementos de medición, fiabilidade dos procedementos de medición e criterios xerais para a elección do método.
11. Avaliación cuantitativa do risco de exposición a axentes químicos por inhalación: obtención de información, elementos que cómpre ter en conta para definir unha adecuada estratexia de mostraxe, comparación co VLA-ED e co VLA- EC, obtención de conclusións e necesidade de medicións periódicas.
12. Avaliación cualitativa do risco de exposición a axentes químicos por inhalación: uso de modelos simplificados ou cualitativos, criterios de aplicación, fundamentos e limitacións do método COSHH Essentials e do método do INRS.
13. Control das exposicións fronte a axentes químicos: técnicas xerais, accións de control técnicas, accións de control organizativas e priorización das medidas preventivas. Técnicas de ventilación para o control dos axentes químicos: extracción localizada e ventilación por dilución.
14. Os equipos de protección individual fronte a axentes químicos: protección dérmica, protección das vías respiratorias, protección ocular, criterios básicos de selección, utilización e mantemento.
15. O Real decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.
16. Axente canceríxeno e mutáxeno: concepto e clasificación en categorías. O Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos e mutáxenos durante o traballo.
17. Axentes biolóxicos: características e principais efectos para a saúde. O Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo: obxecto e ámbito de aplicación, clasificación dos axentes biolóxicos, tipos de actividades con risco, vixilancia da saúde, información e formación dos traballadores, aplicación das medidas de contención.
18. Os equipos de protección individual fronte a axentes biolóxicos: roupa de protección, equipos de protección respiratoria, luvas, protección facial e ocular, criterios básicos de selección, utilización e mantemento.
19. Ruído: fundamentos de acústica, efectos do ruído na saúde dos traballadores. O Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ao ruído.
20. Medición do ruído: instrumentos de medición, principais estratexias de medida, parámetros para considerar no cálculo da incerteza e medición de ruído de impulso.
21. Protectores auditivos: selección e utilización, métodos para o cálculo da súa atenuación acústica. Comparación cos valores límite establecidos no Real decreto 286/2006, do 10 de marzo, e utilización de protectores auditivos.
22. Vibracións: física das vibracións, efectos das vibracións na saúde dos traballadores. O Real decreto 1311/2005, do 4 de novembro, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte aos riscos derivados ou que poidan derivar da exposición a vibracións mecánicas.
23. Avaliación e control da exposición a vibracións: aspectos recollidos no Real decreto 1311/2005, do 4 de novembro, e na súa Guía técnica de desenvolvemento.
24. Ambiente térmico: ecuación do balance térmico, mecanismos de termorregulación e de intercambio de calor entre o organismo e o ambiente. Efectos da calor e o frío sobre o organismo. Principais actividades laborais con risco.
25. Fundamentos e criterios de valoración dos seguintes métodos: índice WBGT (wet bulbe globe temperature), índice de sobrecarga térmica, índice Ireq (illamento requirido da vestimenta) e valoración do risco por arrefriamento local. Principais medidas preventivas.
26. Radiacións non ionizantes: concepto e clasificación, principais efectos e riscos para a saúde e principais actividades laborais con risco. Pautas para a avaliación do risco e disposicións encamiñadas a evitar ou reducir a exposición, recollidas no Real decreto 486/2010, do 23 de abril, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a radiacións ópticas artificiais, e no Real decreto 299/2016, do 22 de xullo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a campos electromagnéticos.
27. Radiacións ionizantes: concepto, tipos de radiacións ionizantes e os seus efectos, principais medidas de protección radiolóxica operacional dos traballadores expostos, axentes implicados na avaliación da exposición e na aplicación destas medidas segundo o Real decreto 783/2001, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de protección sanitaria contra radiacións ionizantes.
28. Fontes naturais de radiación: principais actividades laborais afectadas. Radon e lugares de traballo: mapas do potencial de radon, lugares de traballo en que pode haber risco, actuacións que se deben levar a cabo e autoridades competentes segundo a normativa vixente.
29. O Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto. Plans de traballo e a súa tramitación en Galicia.
30. Exposición á sílice cristalina e efectos sobre a saúde: principais sectores de risco, avaliación do risco, valores límite e principais medidas preventivas. Problemática específica dos compactos de cuarzo.
31. Protección da maternidade: aspectos recollidos na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Esquema de actuación na empresa para traballadoras embarazadas ou en período de lactación natural. Actuacións do ISSGA en materia de protección da maternidade.
Arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto técnico ou de enxeñeiro técnico, e título de técnico con formación en nivel superior, nas tres disciplinas preventivas, conforme o que establece o Regulamento dos servizos de prevención, aprobado polo Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, ou norma que o substitúa.
Enxeñeiro técnico industrial, enxeñeiro técnico de minas, enxeñeiro técnico agrícola ou enxeñeiro técnico forestal ou graduado nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro técnico industrial, enxeñeiro técnico de minas, enxeñeiro técnico agrícola ou enxeñeiro técnico forestal, e título de técnico con formación en nivel superior, nas tres disciplinas preventivas, conforme o que establece o Regulamento dos servizos de prevención, aprobado polo Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, ou norma que o substitúa
Exercicios.
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das cales quince (15) preguntas corresponderán á parte común do programa, corenta e cinco (45) á parte troncal e noventa (90) á parte específica. O cuestionario conterá, ademais, cinco (5) preguntas de reserva, das cales unha (1) corresponderá á parte común do programa, dúas (2) á parte troncal e dúas (2) á específica, substituíndo as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde. Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha (1) delas será a correcta. O exercicio terá unha duración máxima de douscentos (200) minutos. As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas neste exercicio da parte común do programa, polo que contestarán unicamente a cento trinta e cinco (135) preguntas, máis as catro (4) de reserva, correspondentes ás partes troncal e específica. O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un ou varios supostos prácticos tipo test, cun máximo de corenta (40) preguntas, das cales quince (15) corresponden á parte troncal e vinte e cinco (25) á parte específica, con catro (4) respostas alternativas das cales só unha (1) delas será a correcta. O cuestionario conterá, ademais, catro (4) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte troncal e dúas (2) á parte específica, substituíndo as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde. O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento vinte (120) minutos. Este exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. Ao remate da proba cada persoa aspirante obterá unha copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles e máximo de corenta (40) días hábiles desde o remate do exercicio anterior. II.1.1.3. Terceiro exercicio: consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das cales só unha (1) delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega. O exercicio terá unha duración de corenta (40) minutos. O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical, correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar o resultado de apto. Ao remate da proba cada persoa aspirante poderá obter unha copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola cal o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían, antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Na quenda de promoción interna e para a exención deste exercicio, xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por teren acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención. Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles e máximo de corenta (40) días hábiles desde o remate do exercicio anterior.

Marketplace y espacio colaborativo, la única plataforma online especializada en materias técnicas. Con un diseño sencillo e intuitivo te ofrecemos este enorme escaparate: anuncios, alertas de productos, temarios, cursos, tutorías… para cualquier especialidad, desde cualquier ubicación…
Queremos que tú también tengas la oportunidad de opositar: con un temario, un preparador, un curso o acompañado de alguien que ya haya tenido la experiencia. Comunícate con los anunciantes y sobre todo ¡avísanos si no encuentras lo que necesitas!
Correo electrónico:
hola@oposicionestecnicas.com
Desde esta cuenta se atenderán exclusivamente consultas relacionadas con el funcionamiento del portal. Para otro tipo de consultas, le agradecemos que contacte directamente con el Vendedor.
Esta web utiliza 'cookies' propias y de terceros para ofrecerte una mejor experiencia y obtener estadísticas de visita o usar el sistema de autenticación. Al navegar o utilizar esta web aceptas el uso que hacemos de las 'cookies'. Lea nuestra Política de cookies cerrar