Fecha convocatoria
11/12/2020
Grupo
A1
Plazas
73
TIPO DE PERSONAL
PLAZO INSCRIPCIÓN
MÁS INFORMACIÓN
El DOGA publica el anuncio del proceso selectivo para cubrir 73 plazas de Veterinario de acceso libre y promoción interna. El proceso selectivo se realizará a través de concurso-oposición. Estas plazas pertencen a las Ofertas de Empleo Público de los años 2017,2018 y 2019. Del total de plazas, 18 se reservan para promoción interna y 9 para personas con discapacidad.
Publicada la oferta de empleo público 2019 de Galicia en el DOG que incluye 12 plazas de veterinarios pertenecientes al turno de acceso libre de las cuales 2 están reservadas para personas con discapacidad general.
Publicada la oferta de empleo público 2018 de Galicia en el DOG que incluye 30 plazas de veterinarios correspondientes al proceso de estabilización de las cuales 4 están reservadas para personas con discapacidad general.
Disponibles test online para esta oposición en este enlace.
TEMARIO GENERAL SUBGRUPO A1 VETERINARIOS. XUNTA DE GALICIA, Diciembre 2020 (último temario oficial actualizado)
Temario general Veterinario:
1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V, e título VIII.
2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.
3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV, capítulo I e capítulo IV e o título V.
4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.
5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.
6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.
7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI, capítulos III e IV e título VIII.
8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I.
E o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.
11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.
12. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.
13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I e II.
Temario específico Veterinario:
1. A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade: dereito á protección da saúde, principios xerais e actuacións sanitarias do sistema de saúde. Intervención pública en relación coa saúde individual e colectiva. Infraccións e sancións. Competencia das administracións públicas. A Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: disposicións xerais. Medidas de prevención e seguridade dos alimentos e pensos. Control oficial e coordinación administrativa. Instrumentos de seguridade alimentaria. Laboratorios. Publicidade de alimentos. Potestade sancionadora. Infraccións e sancións. Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agro-alimentaria: a toma de mostras.
2. A Lei 8/2008, de saúde de Galicia. Obxecto, alcance e definicións. Concepto de autoridade sanitaria. Intervencións públicas sobre actividades, centros e bens. Inspección sanitaria. Infraccións e sancións. Lei 33/2011, xeral de saúde pública: título preliminar e título I.
3. O Regulamento (CE) nº 178/2002, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria. O Regulamento (UE) nº 931/2011, relativo aos requisitos en materia de rastrexabilidade establecidos polo Regulamento (CE) nº 178/2002.
4. O Regulamento (CE) nº 852/2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios. Os sistemas de autocontrol baseados nos principios da análise de perigos e puntos de control crítico: directrices do Codex Alimentarius. Comunicación da Comisión Europea sobre a aplicación de sistemas de xestión da seguridade alimentaria que recollen programas de prerrequisitos (PPR) e procedementos baseados nos principios do APPCC, incluída a facilitación/flexibilidade respecto da súa aplicación en determinadas empresas alimentarias.
5. O Regulamento (CE) nº 853/2004, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.
6. O Decreto 399/1996: programas de control sanitario de moluscos bivalvos vivos en Galicia, control sanitario de biotoxinas e microbiolóxico nos centros de expedición, depuración, transformación e, en xeral, de manipulación de moluscos bivalvos vivos. Orde do 15 de xaneiro de 2002 pola que se regula a extracción e comercialización de vieira (Pecten maximus).
7. O Real decreto 640/2006, polo que se regulan determinadas condicións de aplicación das disposicións comunitarias en materia de hixiene, da produción e comercialización dos produtos alimenticios. Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e o seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo.
8. O Regulamento (UE) 2017/625, relativo aos controis e outras actividades oficiais realizadas para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios: títulos I ao V, o capítulo I do título VI e o anexo III.
9. O Regulamento (CE) nº 2073/2005, relativo aos criterios microbiolóxicos aplicables aos produtos alimenticios: agás os anexos. O Regulamento de execución 2015/1375, polo que se establecen normas específicas para os controis oficiais da presenza de triquinas na carne: obrigas das autoridades competentes e dos operadores de empresas alimentarias.
10. O Real decreto 3484/2000, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.
11. O Regulamento 1881/2006, polo que se fixa o contido máximo de determinados contaminantes nos produtos alimenticios: agás os anexos. Os métodos de mostraxe e análises para o control de contaminantes nos produtos alimenticios establecidos nos regulamentos 401/2006, 1882/2006, 333/2007 e 2017/644: agás os anexos.
12. O Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos. O Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios.
13. O Regulamento (CE) nº 1333/2008, sobre aditivos alimentarios, sen incluír os anexos excepto o anexo I.
14. Materiais en contacto con alimentos: o Regulamento 1935/2004, sobre os materiais e obxectos destinados a entrar en contacto con alimentos.
15. O Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano: agás os anexos. O Real decreto 1798/2010, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano: sen incluír os anexos excepto os anexos III ao VII. O Real decreto 1799/2010, polo que se regula o proceso de elaboración e comercialización de augas preparadas envasadas para o consumo humano: agás os anexos.
16. O Regulamento 589/2008, polo que se establecen as disposicións de aplicación das normas de comercialización dos ovos: sen incluír os anexos excepto o anexo II.
17. A Lei 8/2003, de sanidade animal: disposicións xerais. Prevención das enfermidades dos animais. Loita, control e erradicación de enfermidades dos animais. Laboratorios. Ordenación sanitaria do mercado dos animais. Inspeccións, infraccións e sancións.
18. A normativa estatal pola que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega). A normativa estatal pola que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando (Remo) e o Rexistro xeral de identificación individual dos Animais (RIIA).
19. A normativa estatal pola que se establecen normas básicas de ordenación das explotacións porcinas intensivas. A normativa estatal pola que se establecen normas básicas de ordenación de gando porcino extensivo.
20. A normativa estatal de ordenación da avicultura de carne. A normativa estatal pola que se establece e regula o Rexistro xeral de establecementos de galiñas poñedoras.
21. A normativa estatal pola que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas. A normativa estatal pola que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
22. A normativa estatal pola que se regula a ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas e se establece o Plan sanitario equino.
23. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.
24. A normativa estatal pola que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie porcina. A normativa estatal pola que se regula o sistema de identificación e rexistro dos animais da especie equina.
25. A normativa estatal pola que se establece a lista das enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e se regula a súa notificación. A normativa estatal pola que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais.
26. A normativa estatal sobre a vixilancia das zoonoses e os axentes zoonóticos: disposicións xerais. Vixilancia das zoonoses e dos axentes zoonóticos. Resistencia aos antimicrobianos. Brotes de zoonoses. Zoonoses e axentes zoonóticos que deben ser obxecto de vixilancia. O Regulamento (CE) nº 2160/2003, sobre o control da salmonela e outros axentes zoonóticos específicos transmitidos polos alimentos: disposicións introdutorias. Obxectivos comunitarios. Programas de control. Zoonoses e axentes zoonóticos con respecto aos cales se fixarán obxectivos comunitarios de redución da prevalencia. Control das zoonoses e dos axentes zoonóticos mencionados.
27. O Regulamento (CE) nº 999/2001, polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles: disposicións xerais. Determinación da cualificación sanitaria respecto da EEB. Prevención das EET. Control e erradicación das EET.
28. A normativa estatal pola que se establecen as bases do Plan de vixilancia sanitaria do gando porcino. A normativa estatal pola que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.
29. A normativa estatal sobre normas sanitarias para o intercambio intracomunitario de animais das especies bovina e porcina.
30. A normativa estatal pola que se establecen as normas de policía sanitaria que regulan os intercambios intracomunitarios de animais das especies ovina e cabrúa. A normativa estatal pola que se establecen as condicións de sanidade animal aplicables aos intercambios intracomunitarios de aves de curral e ovos para incubar.
31. O Regulamento (UE) 2019/6, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, sobre medicamentos veterinarios: obxecto, ámbito de aplicación e definicións e subministración e uso.
32. O Plan nacional de investigación de residuos: medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos animais vivos e os seus produtos. Prohibición de utilización de determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias beta-agonistas de uso na cría do gando. Excepcións.
33. O Regulamento (CE) nº 1069/2009, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: disposicións xerais. Obrigas xerais dos explotadores.
34. O Regulamento (UE) nº 142/2011, subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e rastrexabilidade. Materias primas para a alimentación animal. O Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano: recollida, transporte e identificación, documento comercial e certificado sanitario, rexistro e autorización.
35. O Regulamento (CE) nº 183/2005, sobre requisitos en materia de hixiene dos pensos. O Real decreto 629/2019, do 31 de outubro, polo que se regula o Rexistro Xeral de Establecementos no Sector da Alimentación Animal, as condicións de autorización, o rexistro deses establecementos e dos puntos de entrada nacionais, a actividade dos operadores de pensos, e a Comisión Nacional de Coordinación en materia de Alimentación Animal.
36. O Regulamento (CE) nº 767/2009, sobre a comercialización e a utilización dos pensos: disposicións preliminares, requisitos xerais, comercialización de tipos específicos de pensos, etiquetaxe, presentación e envasado, e catálogo comunitario de materias primas para pensos e códigos comunitarios de boas prácticas de etiquetaxe.
37. O Regulamento (UE) 2019/4, relativo á fabricación, á comercialización e ao uso de pensos medicamentosos. O Regulamento (CE) nº 1831/2003, sobre os aditivos na alimentación animal: ámbito de aplicación e definicións; etiquetaxe e envasado.
38. A normativa estatal pola que se regula o control oficial do rendemento leiteiro para a avaliación xenética nas especies bovina, ovina e cabrúa.
39. A normativa estatal pola que se establecen as condicións básicas de recollida, almacenamento, distribución e comercialización de material xenético das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina, e dos équidos.
40. A normativa estatal pola que se establecen as normas zootécnicas aplicables aos animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, e se actualiza o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras.
41. A Lei 32/2007, para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio. A normativa estatal relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras.
42. A normativa estatal relativa ás normas mínimas para a protección de tenreiros. A normativa estatal relativa ás normas mínimas para a protección de porcos.
43. O Regulamento (CE) nº 1/2005, relativo á protección dos animais durante o transporte e as operacións conexas: ámbito de aplicación, definicións e condicións xerais aplicables ao transporte de animais. Organizadores, transportistas, posuidores e centros de concentración. Deberes e obrigas das autoridades competentes. Aplicación do regulamento e intercambio de información. Especificacións técnicas do regulamento: aptitude para o transporte. Medios de transporte. Prácticas de transporte. Intervalos de subministración de auga, de alimentación e tempo de viaxe e de descanso. Disposicións complementarias para as viaxes longas de équidos domésticos e animais domésticos das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina. Aspectos xerais do caderno de a bordo ou folla de ruta.
44. O Regulamento (CE) nº 1099/2009, relativo á protección dos animais no momento da matanza.
45. Lei 4/2017, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia: títulos preliminar, I, II e III.
46. A Lei 50/1999, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. A regulación da tenza de animais potencialmente perigosos, do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos e do adestramento de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.
47. Información alimentaria facilitada ao consumidor: O Regulamento (UE) nº 1169/2011, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: agás os anexos IV e do XIII ao XV. O Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda por petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo. Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, polo que se aproba a norma xeral de etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios. Real decreto 1808/1991, polo que se regula a identificación do lote a que pertence un produto alimenticio.
48. O Regulamento (UE) nº 1380/2013, sobre a política pesqueira común: da parte I, disposicións xerais. Da parte III, o título I «Medidas de conservación» e o título II «Medidas específicas». Da parte VII, «Acuicultura». Da parte IX, «Control e execución», agás os anexos. Regulación dos tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia.
49. O Regulamento (CE) nº 1224/2009, polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común: disposicións xerais. Principios xerais. Control da comercialización. O Regulamento (UE) nº 404/2011, que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 1224/2009: o control da comercialización.
50. A Lei 11/2008, de pesca de Galicia: conservación e xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros. Comercialización, transformación e promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura. Réxime sancionador.
51. O Regulamento (UE) nº 1379/2013, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura: disposicións xerais. Normas comúns de comercialización. Información do consumidor.
52. Normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco en Galicia e en España. O sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca en Galicia. O control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos en Galicia. A regulación da descarga, do transporte e da primeira venda dos produtos pesqueiros e acuícolas dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa en Galicia.
53. Requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, e prevención e control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos: disposicións xerais. Explotacións de acuicultura e establecementos de transformación autorizados. Requisitos zoosanitarios para a posta no mercado de animais e produtos da acuicultura. Notificación e medidas mínimas para o control de enfermidades. O Regulamento 1251/2008, polo que se aplica a Directiva 2006/88/CE no referente ás condicións e aos requisitos de certificación para a comercialización e a importación na Comunidade de animais da acuicultura e produtos derivados e se establece unha lista de especies portadoras: agás os anexos.
Estar en posesión, ou en condición de obtelo o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), do título universitario oficial de licenciada/o en Veterinaria ou graduada/o nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de veterinaria/o.
O proceso selectivo será de concurso-oposición.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.
Exercicios.
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
Primeiro exercicio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento oitenta (180) preguntas tipo test relacionado co anexo I do programa.
O exercicio dividirase en dúas partes:
A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cincuenta (50) preguntas da parte xeral.
O exercicio disporá de tres (3) preguntas de reserva.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta.
Nesta primeira parte será necesario obter un mínimo de dez (10) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento trinta (130) preguntas da parte específica, das que cen (100) preguntas serán de contido teórico e trinta (30) serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.
O exercicio disporá de seis (6) preguntas de reserva, das que dúas (2) serán sobre un suposto práctico.

Nesta segunda parte será necesario obter un mínimo de vinte e seis (26) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida nos parágrafos anteriores.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas da parte xeral do programa, polo que contestarán unicamente as cento trinta (130) preguntas da parte específica e as correspondentes preguntas de reserva.
Ao remate da proba, cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicaranse o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.
A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
O exercicio será coincidente co primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado no ano 2020 e publicado simultaneamente coa presente resolución.
Segundo exercicio.
Constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo.
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posúen o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes na cal figurarán aquelas que, por teren acreditada a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
Desenvolvemento dos exercicios.
A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra Q, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 24 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na resolución da mesma consellería do 9 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro).
As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.
Os exercicios realizaranse a porta pechada, sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.
En calquera momento, as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.
O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.
O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.
O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.
Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas, publicarao no DOG.
As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.
Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.
En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.
No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.
Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.
No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.
Experiencia profesional.
Experiencia profesional, entendida como os servizos efectivamente prestados en calquera Administración pública, como persoal laboral na categoría 005 do grupo I no ámbito do V Convenio colectivo de persoal da Xunta de Galicia ou como empregado público na mesma categoría, sempre que se inclúa dentro do mesmo grupo de titulación.
Para estes efectos consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos/as e familiares (artigos 168 e 176 da LEPG), e a excedencia por razón de violencia de xénero de conformidade co establecido no artigo 177 da LEPG.
Calcularase o número total de días correspondentes aos distintos nomeamentos computables e dividirase o resultado entre trinta (30). O cociente enteiro, desprezando os decimais, multiplicarase por 0,20 puntos.
Computarase a prestación de servizos en réxime de interino (25.4 da LEPG) e en réxime de persoal laboral temporal (27.4 da LEPG) e do persoal laboral indefinido non fixo.
Os servizos efectivos prestados en xornadas inferiores á completa valoraranse proporcionalmente.
Experiencia profesional.
Experiencia profesional entendida como os servizos efectivamente prestados como empregado público en distinto corpo, grupo, escala ou categoría, en calquera Administración pública.
Para estes efectos consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos/as e familiares (artigos 168 e 176 da LEPG), e a excedencia por razón de violencia de xénero de conformidade co establecido no art. 177 da LEPG.
Calcularase o número total de días correspondentes aos distintos nomeamentos computables e dividirase o resultado entre trinta (30). O cociente enteiro, desprezando os decimais, multiplicarase por 0,08 puntos.

A puntuación máxima das epígrafes de experiencia profesional II.2.2.1. á II.2.2.2. é de 35 puntos.
Formación.
Valoraranse os cursos de formación organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a Academia Galega de Seguridade Pública, o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e as escolas oficiais de formación similares do Estado e das restantes comunidades autónomas, e os cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap).
Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas, valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 puntos por curso.
Non se valorará:
– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.
– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.
– Os cursos de doutoramento.
– Os módulos ou partes integrantes dun curso.
– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.
Para os efectos de puntuación deste apartado, consideraranse como valorables as probas superadas de avaliación dos programas de autoformación organizadas pola EGAP, ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.
A puntuación máxima deste epígrafe é de 5 puntos.
Os méritos enumerados na base II.2 deberán referirse á data de publicación da presente convocatoria e deberanse acreditar de conformidade co procedemento que estableza a Dirección Xeral da Función Pública e que será publicado no Diario Oficial de Galicia.
Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no devandito procedemento.
Unha vez rematada a fase de oposición, desde a publicación polo tribunal das notas do último exercicio, as persoas aspirantes deberán proceder de conformidade co sinalado no procedemento a que se refire o punto anterior para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que irá dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).
O tribunal procederá á baremación da fase de concurso, coa colaboración técnica que precise do persoal da Dirección Xeral da Función Pública, e publicaraa no DOG, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG desa baremación.
En vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal procederá á publicación no DOG da baremación definitiva da fase de concurso.
A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Marketplace y espacio colaborativo, la única plataforma online especializada en materias técnicas. Con un diseño sencillo e intuitivo te ofrecemos este enorme escaparate: anuncios, alertas de productos, temarios, cursos, tutorías… para cualquier especialidad, desde cualquier ubicación…
Queremos que tú también tengas la oportunidad de opositar: con un temario, un preparador, un curso o acompañado de alguien que ya haya tenido la experiencia. Comunícate con los anunciantes y sobre todo ¡avísanos si no encuentras lo que necesitas!
Correo electrónico:
hola@oposicionestecnicas.com
Desde esta cuenta se atenderán exclusivamente consultas relacionadas con el funcionamiento del portal. Para otro tipo de consultas, le agradecemos que contacte directamente con el Vendedor.